Cargando eventos
Este evento pasou.

XVI Concurso (2023)

Compartir

A presente convocatoria ten como obxectivo primordial fomentar e estimular a actividade musical como parte esencial do patrimonio cultural galego, mediante a creación de obras inspiradas na nosa cultura e tradición e coa finalidade de ser interpretadas especificamente por bandas de música.

Neste marco, a Federación Galega de Bandas de Música asume a responsabilidade de establecer as bases que rexerán o desenvolvemento do Concurso Galego de Composición coa finalidade de proporcionar un espazo de estímulo para a creación musical, no que se recoñeza o talento de compositores e intérpretes, se fomente a innovación e se promova o fortalecemento da cultura musical galega.

Os compositores poderán participar en diferentes categorías, en función da dificultade das mesmas e do cadro instrumental que se detalla nas bases.

- Poderán concorrer persoas compositoras sen limitación de idade ou procedencia, con cantas composicións como desexen.
- As composicións terán total liberdade creativa, permitíndose calquera tipo de estética.
- Valorarase especialmente que a obra promova a cultura galega. Para isto, o xurado avaliará as alusión a expresións artísticas, culturais ou tradicionais galegas sempre que estean ben xustificadas. Deberase achegar documento explicativo para a acreditación deste aspecto.

As principais novidades desta edición son:
- Creación da categoría de Música Popular Galega, na procura de novas creacións que beban da tradición galega e transformen para as novas xeracións.
- Modificación da categoría infantil a unha nova de iniciación, onde se fomentará unha intrumentación flexible que permita que calquera tipoloxía de banda as poida interpretar.
- Modificación dos premios, acadando o premio na sección primeira os 2500 euros.

A inscrición comezará o día 1 de maio e rematará o día 30 de setembro de 2023.

Xurado

Compoñente Descripción
Andrea Loss Director
David Fiuza Souto Director
Pedro Vicente Caselles Mulet Compositor e director
Secretario: Iván Estévez Sabucedo

 

Resultados

Categoría Premio Obra Autor
Dificultade alta Gañadora Os contadores de historias José Martínez Mulió
Mención Imaxes Olívicas Santiago Barreira Davila
Dificultade media Gañadora Unha rapsodia galega Sergio Rodríguez Pena
Mención Lucus Augusti Francisco José Villaescusa López
Dificultade baixa Gañadora Lembranzas Pere Sanz Alcover
Banda de iniciación Gañadora A moura galega Frank J. Cogollos Martínez
Música popular galega Gañadora Ao xeito de foliada León Pedro Durán Viso
Histórico de premios do Concurso Galego de Composición

Acta

Bases

Inscrición

  • Prazo de inscrición finalizado - Registration closed