XVII Concurso (2024)
15 Outubro
| FreeXVII Concurso (2024)
Compartir
A presente convocatoria ten como obxectivo primordial fomentar e estimular a actividade musical como parte esencial do patrimonio cultural galego, mediante a creación de obras inspiradas na nosa cultura e tradición e coa finalidade de ser interpretadas especificamente por bandas de música.
Os compositores poderán participar en diferentes categorías, en función da dificultade das mesmas e do cadro instrumental que se detalla nas bases.
- Poderán concorrer persoas compositoras sen limitación de idade ou procedencia, con cantas composicións como desexen.
- As composicións terán total liberdade creativa, permitíndose calquera tipo de estética.
- Valorarase especialmente que a obra promova a cultura galega. Para isto, o xurado avaliará as alusión a expresións artísticas, culturais ou tradicionais galegas sempre que estean ben xustificadas. Deberase achegar documento explicativo para a acreditación deste aspecto.
Nesta edición continúan en vigor os cambios do ano 2023:
- Categoría de Música Popular Galega, na procura de novas creacións de calquera formato (obras, pasodobres, muiñeiras, xotas, etc) que beban da tradición galega e transformen para as novas xeracións.
- Categoría de iniciación, onde se fomenta unha intrumentación flexible que permita que calquera tipoloxía de banda as poida interpretar.
Como novidade nesta XVII edición, revisáronse os cadros de instrumentación e dificultade das categorías, para adaptar as bases á realidade actual das bandas de música.
A inscrición comezará o día 1 de maio e rematará o día 15 de outubro de 2024.
Xurado
Compoñente | Descripción |
---|---|
María Mendoza | Compositora e directora |
David Fiuza Souto | Director |
Juan Durán | Compositor |
Secretario: José Luís Tielas Santiago |
Resultados
Categoría | Premio | Obra | Autor |
---|---|---|---|
Dificultade alta | Gañadora | Diálogos con Arturo Souto | Álvaro Cámara López |
Dificultade media | Gañadora | O soño de Luzbel | Vicente Carrasco Gómez |
Dificultade baixa | Gañadora | A viaxe de Teucro | Carlos Rodríguez Torres |
Banda de iniciación | Gañadora | A miña primeira rapsodia | Sergio Rodríguez Pena |
Mención | Galicia, terra dos celtas | Frank J. Cogollos Martínez | |
Mención | Vamos ao ensaio | Miguel Óscar Musso Buendía | |
Música popular galega | Deserto |