XIII Concurso (2020)
21 Xaneiro, 2022 @ 12:25
XIII Concurso (2020)
Compartir
A convocatoria deste concurso ten a finalidade de fomentar e estimular a actividade musical, como parte fundamental do noso patrimonio cultural, así como cubrir a escaseza de novo repertorio musical de autoría galega para ser interpretado especificamente por bandas de música.
Neste marco, a Federación Galega de Bandas de Música Populares establece as bases polas que se rexerá o XIII Concurso Galego de Composición.
Os compositores poderán participar en diferentes categorías: Infantil, Xuvenil, 3ª Sección, 2ª Sección e 1ª Sección, en función do cadro instrumental que se detalla nas bases.
- Poderán concorrer compositores/as sen limitación de idade ou procedencia, con cantas composicións como desexen.
- As composicións deberán ser orixinais e inéditas, versarán sobre temática galega e farán alusión no seu título a aspectos da cultura galega (historia, monumentos, xeografía, tradicións, etc.) libremente elixidos polo autor.
- As composicións terán total liberdade creativa, permitíndose calquera tipo de estética.
- Os instrumentos irán designados (polo menos) en galego, segundo os cadros do apartado 3 das bases.
A inscrición realízase online e o prazo de presentación de obras remata o día 31 de outubro de 2020.
Xurado
Membro | Descripción |
---|---|
José Luis Represas Carrera | Compositor e director |
Andrea Loss | Director |
José Alberto Pina | Compositor e director |
Resultados
O bosque dos druídas, de Francisco José Villaescusa López
Jakobsland, a terra de Santiago, de Álvaro Cámara López