Dende a Federación Galega de Bandas de Música Populares, en diante Federación, entendemos que é esencial manter unha relación transparente contigo; prentámosche a nosa Política de Privacidade para que en todo momento esteas debidamente informado acerca de como recopilamos e tratamos de forma segura calquera dato que nos facilites. Os teus datos serán tratados de conformidade coa lexislación vixente e, en concreto, de acordo ao establecido no Regulamento (UE) 2016/679 do 27 de abril de 2016 (RGPD) relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos. Tamén no referente á Lei Orgánica 3/2018 do 5 de decembro de Protección de Datos Persoais e Garantía dos Dereitos Dixitais. Unha lectura detida da nosa Política de Privacidade aportarache a información que precisas para coñecer que destino lle daremos aos datos que nos proporciones.
Quen é o responsable do tratamento dos teus datos?
Se ti, ou unha persoa autorizada, nos facilitou os teus datos, a Federación, con CIF G15110893, é responsable do tratamento dos mesmos. Estes datos serán tratados de conformidade co disposto na normativa vixente sobre protección de datos persoais.
É posible que existan outros responsables nos tratamentos que realizamos, nese caso sempre informaremos de quen é o responsable do tratamento dos mesmos, así como dos seus datos de identificación.
A Federación comprométese ao cumprimento da obrigación de segredo dos datos de carácter persoal e do seu deber de gardalos. Para iso, adoptamos as medidas necesarias para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado de acordo co establecido no Regulamento.
Temos delegado de protección de datos?
Si, pola natureza dos datos que tratamos, contamos cun Delegado de Protección de Datos para garantir o cumprimento da normativa de protección de datos vixente. Podes contactar con el a través de federacion@bandas.gal.
Que datos persoais tratamos?
Os datos persoais que tratamos son:
- Aqueles que ti decidas facilitarnos voluntariamente.
- Os datos derivados das comunicacións que manteñas connosco.
- A información correspondente á túa propia navegación (dirección IP ou información derivada de cookies ou dispositivos similares).
- Aquela información que se encontre dispoñible en fontes accesibles ao público, á que lexítimamente podamos acceder.
- Os datos que se deriven da relación contractual ou precontractual que manteñas connosco, incluida a túa imaxe, informándote sempre neste caso da posibilidade de captar a túa imaxe.
- Os que terceiras persoas nos proporcionen sobre ti, existindo unha base lexítima para iso ou aqueles para os que obtivemos o teu consentimento.
- Os datos de terceiros que ti nos facilites, previo consentimento do terceiro en cuestión.
Como tratamos os datos
Na Federación tratamos os teus datos persoais sempre en estrito cumprimento da lexislación vixente. Ademais, informámoste de que contamos coas medidas técnicas e organizativas adecuadas para garantir un nivel óptimo de seguridade, garantindo con iso que só accederán aquelas persoas que teñan autorización, que os manteremos íntegros, evitando calquera perda intencionada ou accidental e que reforzamos os sistemas e servizos de tratamento de datos.
As operacións, xestións e procedementos técnicos que realizamos de forma automatizada ou non automatizada e que posibiliten a recollida, almacenamento, modificación, transferencia e outras accións sobre datos de carácter persoal, teñen a consideración de tratamento de datos persoais.
Cal é a lexitimación do tratamento?
A base de lexitimación do tratamento de Datos Persoais será a que resulte da relación contractual ou precontractual, a laboral ou calquera outra que se requira para o tratamento de datos, tales como o consentimento expreso.
Como xestionamos as comunicacións electrónicas?
No caso de recibir comunicacións por estes medios (correos electrónicos, mensaxes de resposta automatizada de formularios e outros sistemas de comunicación) informámoste de que as mensaxes se dirixen exclusivamente ao seu destinatario e poden conter información privilexiada ou confidencial. Se non es o destinatario indicado, quedas notificado de que a utilización, divulgación ou copia sen autorización está prohibida en virtude da lexislación vixente.
De conformidade co establecido na Lei 34/2002 deo11 de xullo de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico e na Directiva 2002/58/CE, comunicamos que no suposto de que non desexes recibir comunicacións e informacións de índole comercial mediante este sistema de comunicación electrónica, nolo indiques pola mesma vía pola que a recibes indicando no asunto «Baixa comunicacións comerciais» para que os teus datos persoais sexan dados de baixa da nosa base de datos comerciais. A túa solicitude será accionada nun plazo de 10 días dende o seu envío. No suposto de que non recibamos contestación expresa pola túa parte, entenderemos que aceptas e autorizas que a nosa entidade siga realizando as referidas comunicacións.
Canto tempo conservamos os teus datos?
Os datos persoais relativos a persoas físicas que recompilamos por calquera medio, conservaranse mentras o interesado non solicite a súa supresión. Así mesmo, conservaranse mentras se manteña a relación que orixinou o tratamento dos datos, respectando en calquera caso os prazos legais de conservación. Concluído este período, os datos persoais serán eliminados de todos os nosos sistemas.
Os teus datos serán comunicados a terceiros ?
Non haberá cesión, transmisión ou transferencia de datos persoais, salvo as xa informadas, que non sexa por unha obriga legal. Se por requerimento da Administración Pública ou das Institucións Autonómicas no ámbito das funcións que a lei lles atribúe expresamente se nos solicitan os teus datos, estes serán transmitidos.
De existir unha cesión, transmisión ou transferencia de datos persoais fóra dos casos anteriormente previstos, serás previamente informado para que nos prestes o teu consentimento se procede.
Pero para poder organizarnos correctamente, ter boas operativas e procedementos que garantan unha boa xestión, a Federación pode ver necesario ter que contratar os servizos de asesores, profesionais ou outras empresas de servizos para tratar datos baixo as nosas indicacións.
Este tratamento por conta de terceiros estará regulado nun contrato que consta por escrito ou algunha outra forma que permita acreditar a súa celebración e contido, especificando expresamente que o encargado do tratamento tratará os datos conforme ás nosas instruccións e non os aplicará ou usará con fin distinto ao que figure no devandito contrato, nin os comunicará, nin sequera para a súa conservación, a outras persoas.
Cales son os teus dereitos?
A normativa de protección de datos outórgache os seguintes dereitos:
- Dereito a revogar calquera consentimento prestado previamente.
- Dereito de acceso: Coñecer que tipo de datos se están tratando e as características do tratamento que se leva a cabo.
- Dereito de rectificación: Poder solicitar a modificación dos datos que sexan inexactos ou non veraces
- Dereito de portabilidade: Poder obter unha copia en formato interoperable dos datos que están sendo tratados.
- Dereito á limitación do tratamento nos casos que considere que non é necesario.
- Dereito de cancelación: Solicitar o cese do tratamento dos datos e a súa supresión cando xa non sexa necesaria a súa conservación.
Así mesmo, queremos informarte de que podes retirar o consentimento prestado sen que iso afecte á licitude do tratamento xa realizado, enviando a túa solicitude ao enderezo indicado anteriormente. Neste caso, deberás acompañar a túa solicitude, copia do teu DNI ou documento acreditativo da túa identidade.
Se desexas mais información ao respecto do tratamento dos teus datos, rectificar aqueles que sexan inexactos, opoñerse ou limitar algún tratamento que consideres que non é necesario, ou solicitar a cancelación do tratamento cando os datos xa non sexan necesarios, podes dirixirte por escrito á Federación Galega de Bandas de Música Populares no Edificio CEM na Cidade da Cultura, 15707 Compostela, A Coruña, ou mediante correo electrónico a federacion@bandas.gal
- A devandita comunicación deberá reflectir a seguinte información: Nome e apelidos do usuario, a petición de solicitude, o domicilio e os datos acreditativos.
- O exercicio de dereitos deberá ser realizado polo propio usuario. Non obstante, poderán ser executados por unha persoa autorizada como representante legal do autorizado. En tal caso, deberase achegar a documentación que acredite esta representación do interesado.
Recordámosche, ademais, que tes dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD), se consideras infrinxidos os teus dereitos:
- Enderezo físico: Jorge Jorge Juan, 6 28001Madrid
- Teléfono: 901 100 099
- Enderezo electrónico: ciudadano@agpd.es.
Cal é a finalidade e base de lexitimación para o tratamento dos datos?
Detallamos a continuación as finalidades dos tratamentos de datos levados a cabo por algún, ou todos, dos Responsables de Tratamento enumerados con anterioridade.
ACTIVIDADE DE TRATAMENTO |
FINALIDADE DO TRATAMENTO |
BASE DE LEXITIMACIÓN |
Xestión laboral |
Xestión do persoal para formalización dun contrato laboral, control de expedientes, xestión de nóminas, control horario, formación, plan de pensións e PRL. |
Relación contractual |
Xestión fiscal e contable |
Tratamento necesario para o cumprimento das obrigas fiscais e contables |
Relación contractual Obriga legal para o responsable Intereses lexítimos prevalentes do responsable ou de terceiros |
Xestión de contactos |
Tratamento dos datos para poder manter comunicacións cos interesados |
Relación contractual Intereses lexítimos prevalentes do responsable ou de terceiros Consentimento expreso do interesado |
Prevención de riscos laborais |
Cumprimento da lexislación vixente en materia de prevención de riscos laborais e vixilancia da saúde |
Relación contractual Obriga legal para o responsable |
Xestión de candidatos a un posto de traballo |
Selección de persoal e provisión de postos de traballo mediante xestión de currículo, entrevistas persoais e probas de valoración |
Intereses vitais do interesado ou doutras personas Consentimento expreso do interesado |
Organización de eventos e actividades |
Xestión e coordinación de actividades e eventos afíns á actividade da entidade. Control de asistencia e participantes. |
Relación contractual Consentimento expreso do interesado |
Comunicación informativa e notificacións |
Difusión de actividades e notificacións de información relevante relacionada coa actividade da entidade |
Intereses lexítimos prevalentes do responsable ou de terceiros Consentimento expreso do interesado |
Xestión multimedia |
Tratamento de imaxes e/ou vídeos para a difusión en medios de comunicación e redes sociais e a promoción das actividades |
Consentimento expreso do interesado |
Envío de publicidade |
Envío de información comercial, notificacións sobre actos e eventos de interese, ofertas, información sobre produtos e servizos, a clientes e/ou potenciais clientes . |
Consentimento expreso do interesado |
Xestión de provedores |
Análise, valoración, contratación, xestión de pedidos e xestión de pagamentos a provedores |
Relación contractual |
Xestión de convocatorias, consellos e citas do órgano directivo |
Xestión da comunicación da empresa cos membros da xunta directiva, persoas e institucións con vinculación á empresa e outros interesados para a xestión e información sobre convocatorias, reunións de consello, citacións e outras |
Relación contractual Intereses lexítimos prevalentes do responsable ou de terceiros |
Xestión do rexistro de usuarios da plataforma web |
Rexistro, mantemento e conservación de usuarios da plataforma web |
Relación contractual Consentimento expreso do interesado |
Xestión de clientes |
Tratamento dos datos necesarios para o mantemento da relación comercial/contractual cos clientes , a facturación, o servizo post-venta, o envío de promocións e publicidade e a fidelización. |
Relación contractual Relación comercial |
Xestión de potenciais clientes |
Poder realizar as comunicacións necesarias con posibles clientes ou outros interesados, envío de orzamentos, tarifas, costes de produtos e demais información solicitada previa a establecer unha relación contractual |
Relación comercial |
Xestión de federados |
Xestionar a relación co federado, contacto, facturación, envío de información e outras actividades relacionadas |
Relación contractual |
Xestión web |
Xestionar as consultas, contactos e reclamacións recibidas a través da páxina web |
Consentimento expreso do interesado |
Atallos a outras páxinas
Nas nosas contas/perfís en diversas redes sociais (Facebook, Twitter, Instagram, Linkedin, WhatsApp, TikTok, etcétera) poden atoparse hiperenlaces a outras páxinas web. Accedendo a unha desas páxinas, a visita quedará suxeita á política de privacidade dese novo sitio web, quedando a Federación totalmente desvinculada de calquera tipo de responsabilidade.
Pode modificarse a política de privacidade?
Si, esta política pode actualizarse. Recomendámosche que a revises habitualmente.