Lei de servizos da sociedade da información e comercio electrónico

En cumprimento do disposto no artigo 10 da Lei 34/2002 do 11 de xuño de Servizos da Sociedade da Información, dáse a coñecer a seguinte información xeral:

Que o dominio www.bandas.gal, a partir de agora páxina, páxina web, sitio ou sitio web, está rexistrado a nome da FEDERACIÓN GALEGA DE BANDAS DE MÚSICA POPULARES, a partir de agora Federación, con domicilio no Centro de Emprendemento Creativo sito na Cidade da Cultura de Galicia, 15707 Compostela (A Coruña) con CIF G15110893.

Condicións de uso

Usuarios

O acceso ou uso do sitio web atribúe plenamente a condición de usuario, aceptando, dende ese mesmo momento, plenamente e sen reserva algunha, as presentes condicións xerais, así como as condicións particulares que, no seu caso, complementen, modifiquen ou substitúan as condicións xerais en relación con determinados servizos e contidos do sitio web. De atoparse en desacordo coas condicións debe absterse a usar o sitio web.

Uso do sitio web, os seus servizos e contidos

O usuario comprométese a utilizar a páxina e os seus servizos e contidos sen contravir a lexislación vixente, a boa fe, os usos xeralmente aceptados e a orde pública.

Así mesmo, queda prohibido o uso da web con fins ilícitos ou lesivos contra o titular ou calquera terceiro, ou que, de calquera forma, poidan causar prexuízo ou impedir o normal funcionamento da páxina.

Respecto dos contidos (información, textos, gráficos, arquivos de son ou imaxes, fotografías, deseños, etcétera) prohíbese:

  • A súa reprodución, distribución ou modificación a menos que se conte coa autorización dos seus lexítimos titulares ou resulte legalmente permitido.
  • Calquera vulneración dos dereitos do titular ou dos seus lexítimos titulares sobre os mesmos.
  • A súa utilización para todo tipo de fins comerciais ou publicitarios, distintos dos estritamente permitidos.
  • Calquera intento de obter os contidos do sitio web por calquera medio distinto dos que se poñen a disposición dos usuarios así como dos que habitualmente se empreguen na rede, sempre que non causen prexuízo algún ao sitio web.

Modificación unilateral

O titular poderá modificar unilateralmente e sen previo aviso, sempre que o considere oportuno, a estructura e deseño da páxina, así como modificar ou eliminar os servizos, os contidos e as condicións de acceso ou uso da páxina.

Hiperenlaces

O establecemento de calquera hiperenlace entre unha páxina web e o sitio web estará sometido ás seguintes condicións:

  • Non se permite a reprodución nin total nin parcial de ningún dos servizos nin contidos do sitio web sen autorización.
  • Salvo consentimento previo e expreso, a páxina web na que se estableza o hiperenlace non conterá ningunha marca, nome comercial, rótulo de establecemento, denominación, logotipo, slogan ou outros signos distintivos pertencentes ao titular.
  • Baixo ningunha circunstancia, o titular será responsable dos contidos ou servizos postos a disposición do público na páxina dende a que se realice o hiperenlace nin das informacións e manifestacións incluídas nas mesmas.

Exclusión de garantías e responsabilidade

O titular non outorga ningunha garantía nin se fai responsable, en ningún caso, dos danos e prexuízos de calquera natureza que puidesen traer causa de:

  • A falta de dispoñibilidade, mantemento e efectivo funcionamento da páxina ou dos seus servizos ou contidos.
  • A falta de utilidade, adecuación ó validez da páxina o dos seus servizos ou contidos para satisfacer necesidades, actividades ou resultados concretos ou expectativas dos usuarios,
  • A existencia de virus, programas maliciosos ou lesivos nos contidos.
  • A recepción, obtención, almacenamento, difusión ou transmisión, por parte dos usuarios, dos contidos.
  • O uso ilícito, neglixente, fraudulento, contrario ás Condicións Xerais, á boa fe, aos usos xeralmente aceptados ou á orde pública, do sitio web, os seus servizos ou contidos, por parte dos usuarios.
  • A falta de licitude, calidade, fiabilidade, utilidade e dispoñibilidade dos servizos prestados por terceiros e postos a disposición dos usuarios da páxina
  • O incumprimento por parte de terceiros das súas obrigas ou compromisos en relación cos servizos prestados aos usuarios por medio da páxina

Duración

A duración da prestación do servizo da páxina e dos servizos é de carácter indefinido. Sen prexuízo do anterior, o titular resérvase o dereito para interromper, suspender ou terminar a prestación do servizo da páxina o de calquera dos servizos que a integren, nos mesmos termos que se recollen na condición «Modificación unilateral».

Lexislación aplicable e xurisdición

O presente texto rexeranse pola lexislación española. A Federación e o usuario, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidese corresponderlles, someteranse á xurisdición dos xulgados e tribunais do domicilio do usuario para cantas cuestións puidesen suscitarse o acción exercitarse derivadas da prestación do servizo da páxina e dos seus servizos e contidos e sobre a interpretación, aplicación, cumprimento ou do aquí establecido.

No caso de que o usuario teña o seu domicilio fóra de España, a Federación e usuario, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidesen corresponderlles, someteranse á xurisdición dos xulgados e tribunais de Santiago de Compostela.

Uso de cookies

A páxina pode utilizar cookies cando un usuario navega polas seccións da mesma. As cookies utilizadas pola asócianse unicamente cun usuario anónimo e o seu computador e non proporcionan en por si o nome e apelidos do usuario. Grazas ás cookies, resulta posible aos usuarios de que estes se resisten por primera vez, sen que teñan que rexistrarse en cada visita para acceder ás áreas e servizos reservados exclusivamente a eles. As cookies utilizadas non poden ler datos do seu disco duro nin ler os arquivos creados por outros provedores. Os datos identificativos de cada usuario son cifrados para maior seguridade.

O usuario ten a posibilidade de configurar o seu navegador para ser avisado en pantalla da recepción de cookies e para impedir a súa instalación no seu disco duro. Por favor, consulte as instrucións e manuais do seu navegador para ampliar esta información. Para utilizar a páxina, non resulta necesario que o usuario permita a instalación das cookies enviadas pola páxina, sen prexuízo de que en tal caso será necesario que o usuario se rexistre como usuario de cada un dos servizos cuxa prestación requira o previo rexistro. Toda esta información é rexistrada nun ficheiro de actividade do servidor que permite o posterior procesamento dos datos co fin de obter medicións estatísticas que nos permitan coñecer o número de impresións de páxinas, o número de visitas realizadas aos nosos servizos web, etcétera.

Baixa de comunicacións comerciais

De conformidade coa lei de servizos da sociedade da información 34/2002 garántese ao usuario a posibilidade de deixar de recibir información comercial nun prazo máximo de 10 días dende que comunique a súa vontade mediante correo electrónico dirixido a federacion@bandas.gal