Cargando eventos
Este evento pasou.

XIV Concurso (2021)

Compartir

A convocatoria deste concurso ten a finalidade de fomentar e estimular a actividade musical, como parte fundamental do noso patrimonio cultural, así como cubrir a escaseza de novo repertorio musical de autoría galega para ser interpretado especificamente por bandas de música. Conta co financiamento da Xunta de Galicia a través da AGADIC.

Neste marco, a Federación Galega de Bandas de Música Populares establece as bases polas que se rexerá o XIV Concurso Galego de Composición.

Os compositores poderán participar en cinco categorías: Infantil, Xuvenil, 3ª Sección, 2ª Sección e 1ª Sección, en función do cadro instrumental que se detalla nas bases.

– Poderán concorrer compositores/as sen limitación de idade ou procedencia, con cantas composicións como desexen.
– As composicións deberán ser orixinais e inéditas, versarán sobre temática galega e farán alusión no seu título a aspectos da cultura galega (historia, monumentos, xeografía, tradicións, etc.) libremente elixidos polo autor.
– As composicións terán total liberdade creativa, permitíndose calquera tipo de estética.
– Os instrumentos irán designados (polo menos) en galego, segundo os cadros do apartado 3 das bases.

A inscrición realízase neste enlace e o prazo de presentación de obras remata o día 30 de setembro de 2021.

Xurado

Membro Descripción
María Mendoza Compositora e pianista
Bart Picqueur Compositor e director
Simón Couceiro Compositor

Resultados

- Gañador: Gallaecia, de Francisco Manuel Castilla Gutierrez
- Finalista: Santa Compaña. Unha lenda galega, de Santi Miguel Alarcón
- Gañador: Terras galegas, de José Ramón Rico
- Finalista: Auroras galegas, de Jesús Orón Bolós
- Gañador: Galicia, onde o mar comeza, de Frank Cogollos Martinez
- Finalista: O legromante de Álvaro Cámara López

Gañador: A Festa dos Elfos, de Francisco José Villaescusa López

Mención do xurado: A lenda de Breogán, de Frank Cogollos Martínez

Bases

Inscrición