Cargando eventos
Este evento pasou.

XI Encontro da Banda Sinfónica Galega

Compartir

A Banda Sinfónica Galega, dependente da Federación Galega de Bandas de Música, realizará un encontro en Agolada entre os días 26 e 29 de xuño. O concerto final será na Cidade da Cultura o domingo 30 de xuño.

A orde de chamamento verá ditaminada polas probas de acceso que se realizaron no ano 2018, cunha duración de dous anos. Lembramos que a relación das cualificacións obtidas se pode consultar aquí.

Abrirase un prazo de confirmación de asistencia que será comunicado proximamente. No Encontro interpretaranse as obras obrigadas do XIII Certame Galego:

– Memoria da Gallaecia, de David Rivas Domínguez
– A Curuxa, de José Javier Ces Calvo
– Rapa das Bestas, de Simón Couceiro Riveira. Faise pública a convocatoria para a praza de dirección.

As bases para as persoas interesadas na dirección da BSG están aquí.