Loading Events
This event has passed.

XII Concurso (2019)

Compartir

A convocatoria deste concurso ten a finalidade de fomentar e estimular a actividade musical, como parte fundamental do noso patrimonio cultural, así como cubrir a escaseza de novo repertorio musical de autoría galega para ser interpretado especificamente por bandas de música.

Neste marco, a Federación Galega de Bandas de Música Populares (FGBMP) establece as bases polas que se rexerá o XII Concurso Galego de Composición.

Os compositores poderán participar en diferentes categorías: Infantil, Xuvenil, 3ª Sección, 2ª Sección e 1ª Sección, en función do cadro instrumental que se detalla nas bases.

  1. Poderán concorrer compositores/as sen limitación de idade ou procedencia, con cantas composicións como desexen.
  2. As composicións deberán ser orixinais e inéditas, versarán sobre temática galega e farán alusión no seu título a aspectos da cultura galega (historia, monumentos, xeografía, tradicións, etc.) libremente elixidos polo autor.
  3. As composicións terán total liberdade creativa, permitíndose calquera tipo de estética.
  4. Os instrumentos irán designados (polo menos) en galego, segundo os cadros do apartado 3.
  5. O prazo de inscrición comezará o día 1 de xullo e rematará o día 30 de setembro de 2019.

Xurado

Membro Descripción
Frankt de Vuyst Director
Laurence Roman Compositor
Luis Serrano Alarcón Compositor e director

Resultados

Gañador: Artur Silveiro García, coa obra Raiolas
Finalista: Juan Daniel Romero Pérez, coa obra Monumentos Naturais.
Gañador: Juan Daniel Romero Pérez, coa obra Contos na lareira
Finalista: Esteban Zapata Blanco, coa obra A Lenda do Rei Cintolo

Gañador: Andrés Rodríguez Rodríguez, coa obra Os fillos de Mil

Gañador: Frank J. Cogollos Martínez, coa obra A Cova do Rei Cintolo

Bases

Inscrición

  • A documentación deberá ser entregada con acuse de recibo, ou remitida por correo certificado, sen alusión do remitente, á sede da Federación