Cargando eventos
Este evento pasou.

Agrupación Musical de Vincios

  • Praza do Calvario, 36770 O Rosal, Pontevedra, España

  • 3 Outubro 2021, 00:45

Descrición

Foi no ano 1979, cando Xulio Costas Davila e Guillermo Costas Valverde crearon a primeira escola de música da parroquia de Vincios, no concello de Gondomar.

Ese proxecto faise realidade no ano 1982, coa fundación da Asociación Agrupación Musical de Vincios, na que está integrada a banda de música, sendo o seu primeiro Presidente D. Néstor González Vilaboa.

O concerto de presentación da banda foi o día de San Pedro do ano 1983 en Vincios no Colexio público Serra-Vincios baixo a dirección do seu primeiro director D. Valentín Davila Costas co pasodobre Manolo Soto.

No ano 1996 D. Telmo Costas toma o relevo do primeiro director da banda, papel que levaría a cabo ata o verán do ano 2000. Nese momento e ata outubro de 2014 a agrupación está baixo a batuta de D. Juan Luis Costas Álvarez. Durante eses anos destaca o terceiro premio acadado na sección primeira do Certame Provincial de Pontevedra en 2005 e o terceiro premio no Certame Galego de Bandas de Música Populares en 2012.

Entre novembro de 2014 e xuño de 2018, o director da Agrupación Musical de Vincios foi D. Francisco Valcárcel Piñeiro, que tamén dirixiu a escola da Agrupación.

Dende o verán de 2018, a banda e a escola están dirixidas por Adrián Viñas Alonso.

No programa anual de actividades, contémplase a participación da banda en festivais, concertos de intercambios culturais, concertos do Plan Cultural da Deputación Provincial de Pontevedra, así como asistir a celebracións populares.

Programa do concerto
– Soñar en Xirimbao (Ángel L. Fernández)
– Atlantis (Santiago Barreira)
– Fate of the Gods (Steven Reineke)
– Invicta (James Swearingen)
– A mi banda (José Alberto Pina)
– Abba mía (arr. Luis Cardoso)
– Mi gran noche (arr. J. Bascoy)
– Campo de Noia (Manuel Molinos Rivas)
– Mozos do Penedo (José Oro Val)