Cargando eventos
Este evento pasou.

Agrupación Musical de Abegondo

  • Praza de Uxío Novoneyra, Betanzos

  • 30 Setembro 2021, 20:30

Descrición

A Banda de música de Abegondo (BMA) está composta por mais de 50 músicosde todas as idades . Xestionada póla recén creada asociación denominada “AgrupaciónMusical de Abegondo”, que nace no ano 2012 baixo as inquedanzas dun grupo de alumnos e pais de alumnos que dende hai anos viñan recibindo clases de instrumento a nivel individual e de grupo por medio da Escola Municipal de Música de Abegondo.

Baixo a dirección do mestre Pablo Alvarez Rodríguez, ofrece en abril de 2012 o primeiroconcerto na Festa da 3ª Edade no polideportivo “San Marcos”.

Dende xuño de 2012 organiza con gran éxito a “Romaría da Banda de Música”, xuntanzafamiliar e musical pionera na comarca en este tipo de eventos.

Tenta de consolidar o “Encontro de bandas de música de Abegondo” , queorganizan unha vez ó ano.

Practicamente en pañales a progresion da Banda de Abegondo é espectacular.No mesmo ano 2012 actuou na Romería da Barca en Muxía,e en varias festas patronais dazona.

No ano 2013 ten actuado en A Coruña (no programa de Hogueras de San Xoán), en festascelebradas en Sarandós, Carral, Ribeira, Ponte do Porto, Sobrado dos Monxes, Meangos e Oza dos Ríos, entre outras.

No 2014 , 2015 e 2016 continúa facendo diversas actuacións destacando a celebración no Teatro Colón da Coruña de Los Key en Concierto 45 Aniversario, que debido ao gran éxito de público repetiuse en xaneiro de 2016 en Ordes (A Coruña).

No 2015 graba o seu primeiro disco coa colaboración de Fundacion Paideia, Estudos Mans eDeputación da Coruña.

Participa no Certame Internacional Fliscorno D´Oro en Trento ( Italia ) e en colaboración con outras entidades culturais como a Banda de Gaitas de Forcarei ou o Grupo de Percusion Odaiko, organiza eventos como Xoldra na Eira ou Vaia Banda.

Continúa facendo gran variedade de concertos: didácticos para escolares da zona, de rockcolaborando con distintos grupos e asociacións vinculadas coa cultura musical como coros, corais, asociacións de baile, grupos de percusión, bandas de gaitas, etc..

PABLO ÁLVAREZ RODRÍGUEZ
Nace na Coruña en 1976 e inicia os seus estudos musicais co mestre Pastor Asensi Pan á temperá idade de 6 anos. Pouco máis tarde comeza a estudar clarinete da man do profesor J. Vicente Pérez Planells co que continuaría ao longo de toda a súa carreira musical ata obter o título de Grao Superior na especialidade de Clarinete no Conservatorio de Música da Coruña.

Paralelamente aos estudos oficiais do conservatorio, realiza cursos de formación técnica de clarinete con profesores como Walter Boeykens, Michael Arrignon, Enríque Pérez Piquer, Larry Passin, Juan Vercher Grau…

Como clarinetista forma parte da Banda Municipal de Música da Coruña onde ingresa por oposición no ano 2000, ademais de ter integrado diversas formacións como a Banda de Música Sementeira, Orquestra Sinfónica do Conservatorio de Música da Coruña e Orquestra de Vento do Conservatorio de Música da Coruña, Banda Sinfónica de Galicia, Unidade de Música do Cuartel General de la Fuerza Logística e membro fundador do Cuarteto de Clarinetes Chalumeau.

Comeza a formación no campo da dirección no ano 2001 co mestre José Rafael Pascual Vilaplana, co que continúa na actualidade dentro do Seminario Galego de Dirección de Banda.

No ámbito docente desenvolve unha intensa actividade en diversos centros como o Conservatorio de Música de Vilalba, Conservatorio Liceo La Paz, Escola de Música de Cee, Colexio Internacional Eirís, para no ano 2007 fundar xunto ao Concello de Abegondo a Escola Municipal de Música de Abegondo e posteriormente a Banda de Música de Abegondo xunto coa Agrupación Musical de Abegondo no ano 2012, formación que dirixe na actualidade.

Programa do concerto
– O Chopo (Manuel Iglesias Domínguez) *
– C´est si Bon (Henri Betti, arr. Hardy Scheiders)
– Noites de lúa na praia (E. Campos, X.L. Represas) *
– Banda de Abegondo (Alejandro Montes) *
– Latin Medley (C. Velasquez, R. Hernández, arr. Naohiro Iwai)
– Rolandito (Oro Val) *
– La Rodana (Ferrer Ferrán)
– A lenda de Montelongo (Bernardo del Río, arr. X.L. Represas) *
*Gaita solista: Mateo Martínez Ferreño