Cargando eventos
Este evento pasou.

Bandeando 2023 – Voluntariado xuvenil

Compartir

BANDEANDO é o programa de acción voluntaria da FGBMP para promover o voluntariado, dar a coñecer a nosa entidade e visibilizar ás bandas de música populares galegas.

Está organizado co apoio da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e nel pode participar calquera persoa maior de idade interesada. Valórase o seu vencello ao mundo das bandas populares e ao asociacionismo, mais non é excluínte.

CANDO? Do 1 de xuño ao 31 de outubro de 2023.

ONDE? Nas diferentes ubicacións onde a Federación desenvolva actividades nese periodo.

PRAZAS DISPOÑIBLES? 15 (garántese mínimo do 30% de prazas para persoas con experiencia previa de voluntariado na FGBMP e mínimo do 30% de persoas sen experiencia previa)

ACCIÓNS NAS QUE PODERÁS TOMAR PARTE: traballo ordinario da entidade, Festival de Bandas Infantís e Xuvenís de Galicia, Certame Galego de Bandas, Encontro da Banda Sinfónica Xuvenil Galega, concertos e outras actividades da Federación.

Contarás con seguro de Responsabilidade Civil e Accidentes e obterás un certificado da túa participación como VOLUNTARI@.

Queres máis información? Escríbenos no 981 591 895 ou en voluntariado@bandas.gal.

A admisión de solicitudes estará aberta ata o 31 de maio (incluído).