Loading Events
This event has passed.

XIX Certame Galego (2026)

Pazo da Cultura de Pontevedra · 10–11 Outubro 2026

O XIX Certame Galego de Bandas de Música celebrarase os días 10 e 11 de outubro de 2026 no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Trátase do principal punto de encontro do movemento bandístico galego, organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Populares, co patrocinio da Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra e o Concello de Pontevedra, e coa colaboración de Caixa Rural Galega, Mapfre A Valenzá e Glisandoo.

A entrada será libre ata completar aforo e as actuacións poderán seguirse tamén en directo a través da canle de YouTube da Federación.

Durante a fin de semana, o público poderá gozar das diferentes propostas artísticas presentadas polas bandas participantes, nunha edición que pon o foco no concerto como unha proposta artística integral, máis alá da interpretación individual das obras.

A clausura e entrega de premios celebrarase o domingo, despois da actuación da Primeira Sección, e estará precedida por unha actuación musical durante a deliberación do xurado.


Entrada de balde. O patio de butacas ten unha capacidade máxima de 655 persoas.

Bandas participantes

Banda de Música Municipal de Silleda
Dirixe: Rafa Agulló Albors
Mediterráneo - Juan Alborch Miñana
O mar dos ausentes - Álvaro Cámara López
Sinfonía n.º 2 De la Mar - Martínez Gallego
Bicos do mar - León Durán
Banda Cultural de Salceda de Caselas
Dirixe: Jorge Macedo
Soñad el mar - Manuel Morales Martínez
O mar dos ausentes - Álvaro Cámara López
Stones and Sea, Symphony No. 1 - Saül Gómez i Soler
Banda Unión Musical de Meaño
Dirixe: Diego Javier Lorente López
Asphalt Cocktail - John Mackey
O mar dos ausentes - Álvaro Cámara López
Sinfonía n.º 1 Kaprekar - Martínez Gallego
Filarmónica Artística Pombalense
Dirixe: Pedro Miguel Serrano Ralo
Ponteareas - Reveriano Soutullo, Arr. Frank de Vuyst
Abertura para o Gil - Jorge Salgueiro
Metamorfose sinfónica (sobre un tema de Andrés Gaos) - Sergio Rodríguez
The Scary Mountains - José Alberto Pina
Banda Musical de Lagares
Dirixe: Luís Oliveira
Valeroso Milagre - Andrés Álvarez
Metamorfose sinfónica (sobre un tema de Andrés Gaos) - Sergio Rodríguez
Bodas de Sangre - León Durán
Banda de Música Santádega de Coles
Dirixe: Roberto Iglesias Rey
Metamorfose sobre o Himno Galego - León Durán
Metamorfose sinfónica (sobre un tema de Andrés Gaos) - Sergio Rodríguez
Fantasy Variations on a Theme by Niccolò Paganini - James Barnes
Banda Musical de Fornos
Dirixe: David Silva
Ghosts of the Old Year - James M. David
Metamorfose sinfónica (sobre un tema de Andrés Gaos) - Sergio Rodríguez
Aurora Awakes - John Mackey
Banda de Música de Cerdedo
Dirixe: José Luis Loureiro Durán
Lugo-Ferrol - Gregorio Baudot
Cantigas - Iago Hermo Martínez
La Quintessenza - Johan de Meij
Banda de Música Municipal de Agolada
Dirixe: Miguel Adrián Pazos Alonso
Bagaxes - Carlos Rodríguez Torres
Cantigas - Iago Hermo Martínez
Terra de Reis - Pere Sanz Alcover
Banda Xuvenil de Barro
Dirixe: Pedro Torres Diz
Diego Pérez - David Rivas
Cantigas - Iago Hermo Martínez
Nazca Lines. The Universe Drawn on the Earth - Satoshi Yagisawa
A Lira de Ribadavia
Dirixe: Xabier Oliveira Blanco
Camiño Miñoto - Andrés Rodríguez Rodríguez
Cantigas - Iago Hermo Martínez
First Suite in E♭ for Military Band - Gustav Holst
Banda Juvenil do Vale
Dirixe: Inês Alves
Fanfare and Flourishes - James Curnow
Cantigas - Iago Hermo Martínez
Sea Road - Carlos Pellicer
Banda Juvenil de Monção
Dirixe: Joel Santos
Solemnity - Alexandre Carlin
Fate of the Gods - Steven Reineke
A Catedral - José Luis Peiró Reig
Banda Juvenil de Figueiredo
Dirixe: Manuel Pinheiro
Eternal Vibrations - Saül Gómez i Soler
A Catedral - José Luis Peiró Reig
Moses and Ramses - Satoshi Yagisawa
Chikiband
Dirixe: David Rodríguez Vello
A Pastoriza - Arr. Nicanor Domínguez Cid
O monstro de Redondela - Frank J. Cogollos
La Bella - María Mendoza
Filarmónica Juvenil da Academia de Música da Fortaleza de Valença
Dirixe: Cláudio Clemente Valente dos Santos Leite
A Peque - Azael Tormo
Galicia, terra dos Celtas - Frank J. Cogollos
O Pequeno Nicolás - José Luis Tielas Santiago
Banda Infantil da Escola de Música de Salvaterra
Dirixe: Daniel Gregores Muñoz
Captains of Adventure - Mike Hannickel
O monstro de Redondela - Frank J. Cogollos
Happy Hour - Ennio Salvere

Horarios

Sábado 10

Sección infantil: 11:00 am
Sección xuvenil: 12:30 am
Sección terceira: 17:00 pm
Actuación: 20:50 pm

Domingo 11

Sección segunda: 10:30 am
Sección primeira: 16:30 pm
Clausura: 20:30 pm

Accesos

A entrada ao XIX Certame Galego de Bandas de Música será libre e gratuíta ata completar aforo (655 localidades).
O acceso realizarase por xornadas (mañá e tarde de cada día), polo que o público poderá asistir ás actuacións das seccións correspondentes en cada quenda sen necesidade de reserva previa.

Unha vez iniciada cada sección, só se permitirá entrar e saír da sala nos tempos entre bandas, co obxectivo de garantir o silencio e o respecto durante as interpretacións. Unha vez cuberto o aforo, só se permitirá o acceso nos intervalos entre bandas e sempre que haxa localidades libres.

Xurado

Compoñente Descripción
Sara Maganzini Directora
Alex Schillings Director
Marcel Ortega i Martí Director
Secretario: Iago Foxo Bouza

Resultados

Sección primeira

Puntos Premio Agrupación
98,30 Primeiro Banda Unión Musical de Meaño
95,53 Segundo Banda de Música Municipal de Silleda
93,62 Terceiro Banda Cultural de Salceda de Caselas

Sección segunda

Puntos Premio Agrupación
97,77 Primeiro Banda Musical de Fornos
88,13 Segundo Banda de Música Santádega de Coles
82,65 Terceiro Banda Musical de Lagares
60,67 Filarmónica Artística Pombalense

Sección terceira

Puntos Premio Agrupación
91,68 Primeiro Banda Xuvenil de Barro
89,42 Segundo Banda de Música Municipal de Agolada
85,93 Terceiro A Lira de Ribadavia
78,35 Banda de Música de Cerdedo
76,98 Banda Xuvenil do Vale

Sección xuvenil

Puntos Premio Agrupación
81,54 Primeiro Banda Juvenil de Monção
80,08 Segundo Banda Juvenil de Figueiredo

Sección infantil

Puntos Premio Agrupación
84,95 Primeiro Chikiband
68,93 Segundo Banda Infantil da Escola de Música de Salvaterra
57,65 Filarmónica Juvenil da Academia de Música da Fortaleza de Valença

Premios globais

Distinción Persoa ou entidade premiada
Máxima puntuación do Certame* Banda Unión Musical de Meaño
Interpretación dunha obra libre de autoría ou temática galega Bicos do mar – León Durán – Banda de Música Municipal de Silleda
Mellor dirección do Certame Diego Javier Lorente López – Banda Unión Musical de Meaño
Premio a toda unha vida Pablo Barreiro Rivas

* Seccións primera, segunda e terceira

Prensa e medios

Material oficial do XIX Certame Galego de Bandas de Música para o seu uso informativo.

Contacto de prensa
Para acreditacións, entrevistas ou calquera consulta sobre o Certame, contacta coa organización.

Fotografías das bandas
Imaxes das bandas participantes, dispoñibles para a súa publicación citando a fonte: «Imaxe: FGBMP». Consultar fotografías.

Currículos
Biografías artísticas de todas as bandas participantes e dos seus directores. Consultar CV.

Material de uso exclusivamente informativo. Non se autoriza o seu uso comercial.