IV Certame Galego
19 Novembro, 2010 - 22 Novembro, 2010
| FreeIV Certame Galego
Compartir
Nos días 19, 20 e 21 de novembro, o Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela acolleu unha nova edición do Certame Galego de Bandas de Música, a cuarta.
Pouco a pouco, esta cita está a consolidarse e a converterse nunha data de referencia para a música de banda en Galicia. Nesta ocasión, un milleiro de músicos procedentes de toda a xeografía galega deleitaron unha vez máis ao numeroso público asistente coas súas brillantes interpretacións.
As dezoito bandas participantes tiveron como obras obrigadas as composicións gañadoras do II Concurso de Composición, demostrando o decidido impulso da Federación por fomentar esta actividade co obxectivo de ampliar o repertorio galego de música de banda.