

III Certame Galego
27 Novembro, 2009 - 30 Novembro, 2009
| Free
III Certame Galego
Compartir
Durante os días 27, 28 e 29 de novembro tivo lugar na sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia o III Certame Galego de Bandas de Música Populares.
Nesta ocasión, a pesar dos obstáculos que se presentaron, a música de banda encheu de novo o Auditorio de Galicia nunha competición na que participaron 22 bandas de toda a xeografía galega, reunindo aproximadamente a 1000 músicos no escenario.
Como novidade para este certame, incluíuse a retroalimentación que comeza a producirse entre este III Certame Galego de Bandas e o I Concurso de Composición, xa que as obras gañadoras do último tamén foron as obras obrigadas que as bandas participantes do III Certame Galego tiveron que interpretar.
Esta terceira edición representa un logro moi importante para a cultura das bandas galegas e serve como un chamamento aos responsables políticos para que non esquezan a importancia social e formativa destas agrupacións, que levan tanto tempo enriquecendo a nosa terra.
Participantes
Xurado
Compoñente |
---|
Enrique García Asensio |
María Isabel López Calzada |
Francisco Javier Martínez Arcos |
Santiago Sáenz Guallar |
Izaskun Urrutia Arteta |
Resultados
Sección especial
Premio | Agrupación |
---|---|
1º | Banda Artística de Merza |
2º | Unión Musical de Valladares |
Sección primeira
Premio | Agrupación |
---|---|
1º | Banda de Música Municipal de Valga |
2º | Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira |
3º | Asociación Musical e Cultural Sementeira de Narón |
4º | Banda de Música Municipal de Caldas de Reis |
Sección segunda
Premio | Agrupación |
---|---|
1º | Banda da Escola de Música de Oleiros |
2º | Banda de Escola de Música de Rianxo |
3º | Banda de Música "Sementeira" de Cambre |
4º | Agrupación Musico-Cultural de Ribadumia |
Temática galega | Banda de Escola de Música de Rianxo |
Sección terceira
Premio | Agrupación |
---|---|
1º | Banda de música da UVCD de Candeán |
2º | Banda de Música de Arca |
3º | Banda de Música de Chapela |
4º | Ateneo Musical de Bembrive |
Temática galega | Banda de Música Municipal de Guitiriz |