
IX Festival (2026)
4 Xullo @ 11:00 - 20:00
| Free
IX Festival (2026)
A Cidade da Cultura acolle o sábado 4 de xullo de 2026 a novena edición do Festival de Bandas Infantís e Xuvenís de Galicia, que reúne unha ducia de formacións de toda Galicia nun certame destinado a dar a coñecer o traballo que fan as formacións máis novas das bandas de música populares galegas.
Así, arredor de 600 rapaces e rapazas –todos menores de 20 anos– participan no Gaiás neste Festival onde cada formación interpretará un repertorio especialmente escollido para o certame, e terán ademais a oportunidade de gozar dunha xornada de convivencia na que coñecer a rapazada de toda a xeografía galega, co nexo común do seu amor pola música. O Festival incluirá unha actuación da Banda Sinfónica Xuvenil Galega, constituída por rapaces e rapazas de bandas populares de toda Galicia.
O Festival de Bandas Infantís e Xuvenís de Galicia está organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Populares (FGBMP) coa colaboración da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e da Deputación da Coruña.
MAÑÁ
11.00 h | Benvida institucional (no Xardín do Teatro)
11.30 h | Banda Escola Unión Musical de Tenorio
12.00 h | Banda Xuvenil de Música de Silleda
12.30 h | Banda Xuvenil de Tui
13.00 h | Banda Infantil da Unión Musical de Meaño
13.30 h | Banda Xuvenil da Escola de Música Unión de Guláns
14.00 h | Banda Infantil de Xinzo
TARDE
16.30 h | Banda Escola de Música de Portas
17.00 h | Pequebanda da Escola de Música de Agolada
17.30 h | Banda Infantil de Arzúa
18.00 h | Banda Xuvenil da Agrupación Musical da Limia
18.30 h | Minibanda de Vilalba
19.00 h | Banda Sinfónica Xuvenil Galega
Descarga AQUÍ o programa do VIII Festival de Bandas Infantís e Xuvenís de Galicia.




