Cargando eventos

VII Festival (2024)

0
0
0
0
Days
0
0
Hrs
0
0
Min
0
0
Sec

O sábado 13 de xullo o Gaiás convértese no espazo de celebración da VII edición do Festival de Bandas Infantís e Xuvenís de Galicia, un encontro no que celebrar o talento de novos intérpretes. Del, participarán ao redor de 550 músicos pertencentes a 12 formacións da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.

O Festival de Bandas Infantís e Xuvenís de Galicia, organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Populares (FGBMP) en colaboración coa Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e da Deputación da Coruña, busca dar a coñecer o traballo que fan as formacións máis novas das bandas de música galegas. Amosar o seu talento ao público é a mellor maneira de poñer en valor o traballo que fan día a día.

O festival arrincará ás 11,00 horas no Xardín do Teatro e desenvolverase ao longo de todo o día como unha xornada de convivencia entre os participantes –todos menores de 20 anos–, integrantes de 11 bandas (máis a Banda Sinfónica Xuvenil Galega), escollidas por sorteo entre todas as formacións federadas da FGBMP que se presentaron ao proxecto. Cada formación interpretará os repertorios elixidos para a ocasión, que abarcan dende temas clásicos ata versións de temas máis contemporáneos.

Esta xornada de convivencia anual nace para promover un espazo no que os novos intérpretes poidan atoparse, establecer vínculos e xerar futuras sinerxias entre bandas, así como fomentar a educación na diversidade a través da música como linguaxe universal.

Programa da xornada

MAÑÁ

11:00 | Benvida e interpretación conxunta do himno galego

11:30 | Banda da Escola da Agrupación Musical do Rosal

12:00 | Chiquiband da Agrupación Musical da Limia

12:30 | Banda Xuvenil de Sancta Cruz de Ribadulla

13:00 | Banda Xuvenil de Celanova

13:30 | Banda Escola Unión Musical de Tenorio

14:00 | Banda Xuvenil da Escola de música de Salvaterra

TARDE

16:30 | Banda da Escola de Música de Xinzo

17:00 | Banda Xuvenil de Vilatuxe

17:30 | Xove Banda de Valga

18:00 | Minibanda de Vilalba

18:30 | Banda Xuvenil de Agolada

19:00 | Banda Sinfónica Xuvenil Galega