Loading Events
This event has passed.

VIII Festival (2025)

0
0
0
0
Days
0
0
Hrs
0
0
Min
0
0
Sec

A Cidade da Cultura acolle o sábado 5 de xullo de 2025 a oitava edición do Festival de Bandas Infantís e Xuvenís de Galicia, que reúne unha ducia de formacións de toda Galicia nun certame destinado a dar a coñecer o traballo que fan as formacións máis novas das bandas de música populares galegas.

Así, arredor de 600 rapaces e rapazas –todos menores de 20 anos– participan no Gaiás neste Festival onde cada formación interpretará un repertorio especialmente escollido para o certame, e terán ademais a oportunidade de gozar dunha xornada de convivencia na que coñecer a rapazada de toda a xeografía galega, co nexo común do seu amor pola música. O Festival incluirá unha actuación da Banda Sinfónica Xuvenil Galega, constituída por rapaces e rapazas de bandas populares de toda Galicia.

O Festival de Bandas Infantís e Xuvenís de Galicia está organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Populares (FGBMP) en colaboración coa Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

Programa da xornada

MAÑÁ

11:00 | Benvida institucional (no Xardín do Teatro)

11:30 | Banda xuvenil da Cultural de Teo

12:00 | Banda escola de música de Portas

12:30 | Banda infantil da escola de música de Salvaterra

13:00 | Banda Xuvenil da Escola de Música Municipal de Agolada

13:30 | Banda escola da Banda municipal da Estrada

14:00 | Banda infantil da Unión Musical de Meaño

TARDE

16:30 h | Banda xuvenil de Salceda de Caselas

17:00 h | Banda de música xuvenil de Guláns

17:30 h | Minibanda de Vilalba

18:00 h | Banda de música Santádega de Coles

18:30 h | Chikiband 2.0

19:00 h | Banda Sinfónica Xuvenil de Galega

Descarga AQUÍ o programa do VIII Festival de Bandas Infantís e Xuvenís de Galicia.