Loading Events
This event has passed.

IV Congreso bandístico

Compartir

Presentación

O IV Congreso bandístico, organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Populares, terá lugar no Conservatorio de Santiago de Compostela entre os días 6 e 8 de decembro de 2023.

A través de conferencias, mesas de discusión e charlas entre varios ponentes, o congreso abordará temas como a influencia das bandas populares na música contemporánea, a xestión e sostibilidade das bandas, a formación de novos talentos e a importancia das bandas na promoción cultural e no tecido comunitario. Este evento servirá como punto de encontro para celebrar a rica herencia musical de Galicia e explorar as direccións futuras da música popular nas bandas.

Esta actividade está subvencionada pola Deputación da Coruña e conta coa colaboración do Conservatorio de Santiago de Compostela e da EGADIB.

Información xeral

Lugar
Conservatorio de Santiago de Compostela
Rúa Monte dos Postes - 15703 Compostela

Datas
Mércores 6 de decembro a venres 8 de decembro de 2023

Asistencia

A asistencia ao IV Congreso Bandístico é de balde co obxectivo de fomentar a participación aberta e inclusiva de todos os interesados na rica tradición musical das bandas de música populares en Galicia. Creemos firmemente na importancia de compartir coñecementos e experiencias sen barreiras económicas, e así permitir que tanto músicos como entusiastas poidan formar parte desta experiencia enriquecedora.

A maioría das actividades, incluíndo conferencias, mesas redondas e charlas, son de balde e abertas a todos os participantes sen importar a súa condición de federados ou non federados. O rexistro para estas actividades pode realizarse facilmente a través dun formulario en liña.

► Formulario para as actividades: forms.gle/yd8CqGMyZFdqJ26SA 🔗.

► Formulario específico para a clase maxistral de dirección: forms.gle/m7W93QGqvuxN42jB8 🔗

Programa

Mércores 6 de decembro de 2023

Proxecto europeos: soñar, deseñar, construír

9:30. Unirase teoría e práctica nas ponencias, coa oportunidade única de explorar proxectos europeos para asociacións musicais e individuos. Se contemplas formarte no estranxeiro, este taller práctico ofrecerá unha visión detallada das opcións dispoñibles. Traballaremos en trámites de solicitude, así que trae o teu ordenador portátil ou tablet. Non perdas esta chance de planificar o teu futuro internacional.

Manuel Alejandro Rojo Anguita (project manager 🔗)

  • Socio de Bonito Sound (axencia de management e discográfica) e colaborador deFresh Sound Records (discográfica)
  • Fundador da Asociación Cultural Anguitazz Big Band e cofundador da Asociación Libre Musical
  • Membro da xunta directiva da Federación Nacional de Estudantes de Música.

Óscar Fernández González (xestor de proxectos europeos 🔗)

  • Cofundador da Asociación SocioCultural Bregal

09:30 «Soñar» (oportunidades de financiamento)
10:30 Pausa
11:00 «Deseñar» (o ABC do project management)
12:00 Pausa
12:30 «Construir» (taller de desenvolvemento de proxectos)

  • Promover as oportunidades europeas: Informar e sensibilizar sobre as diversas oportunidades dispoñibles no ámbito europeo, tanto a nivel de entidades como individual.
  • Ilustrar con exemplos: Destacar casos exitosos que aproveitaran as oportunidades europeas, proporcionando exemplos concretos que inspiren e demostren o potencial destas iniciativas.
  • Establecer os principios da creación de proxectos: Establecer principios chave para a planificación e execución efectiva de proxectos no contexto europeo, fomentando a comprensión dos elementos fundamentais para o éxito.
  • Introducir a terminoloxía e a estrutura: Facilitar a comprensión da lenguaxe e a estrutura asociada, proporcionando unha base sólida para a participación activa e a toma de decisións informada.
  • Ofrecer unha experiencia práctica en formato taller: Proporcionar aos participantes a oportunidade de aplicar os coñecementos adquiridos a través dun taller interactivo, permitindo unha inmersión práctica e o desenvolvemento de habilidades.
  • Facilitar a interacción entre entidades e individuos: Fomentar o intercambio de ideas e a creación de colaboracións entre entidades e persoas interesadas nas oportunidades europeas, promovendo a colaboración e a creación de sinerxias.
  • Proporcionar recursos e referencias que permitan aos participantes continuar a súa aprendizaxe e impulso de novas iniciativas despois do congreso.
  • Introducción: ABC dunha convocatoria
  • Europa Creativa
    • Small, Medium Scale Projects
    • Plataformas de desenvolvemento artístico
    • Proxectos con Ucraína
    • Proxectos vinculados á saude mental de artistas
  • Xuventudes Musicais Internacional
    • Mubazar
    • Ethno
    • Play it Loud
  • Culture Move Europe: residencias e mobilidade individual
  • Erasmus+
    • KA1: Youth Exchanges
    • KA2: Small Scale
    • KA2: Partnerships for Cooperation
  • Movilidade de voluntarios
  • AC/E Programa de Internacionalización da Cultura Española (PICE)
  • Next Generation EU
  • Cuestións
  • Ciclo e fases dun proxecto, xustificación (alignment, palabras chave), preparación de application, SMART goals, selección de partners, comunicación, responsabilidade civil exemplo concreto, PIC number…
  • Aplicación práctica da IA.
  • Cuestións
  • Introdución: o concepto de “play”
  • Energizer
  • Desenvolvemento e xustificación dunha idea de proxecto nunha solicitude simplificada
  • Posta en común e avaliación dos resultados

E ata que a música soa, que?

17:00. Charla sobre a planificación, organización e execución de eventos que se centran nun xénero musical específico, artistas particulares ou temáticas especializadas por Manuel Araujo Montero (xestor cultural e promotor MAM CULTURA).

Manuel Araujo Montero (xestor cultural e promotor 🔗)

  • Director e xestor cultural en MAM CULTURA
  • Técnico da Oficina Municipal de Información Xuvenil de Ribadavia (OMIX Ribadavia)

Lei de Espectáculos de Galicia:
- Regulación de Espectáculos Públicos
- Licencias e autorizacións
- Medidas de seguridade e saúde
- Control e vixilancia
- Sancións e penalizacións

Licencia para Espectáculos Públicos en Galicia:
- Licencia de actividade ou Espectáculo público
- Permiso de uso do espazo público
- Licencia de ruído
- Licencia de venda ou consumo de bebidas alcohólicas
- Autorización sanitaria para postos de comida
- Seguro de Responsabilidade Civil

Organización de Festivais para Bandas de Música:
- Conceptualización e obxectivos
- Producción de contidos
- Ubicación e espazo
- Selección de bandas
- Orzamento
- Producción e xestión do evento / Voluntariado
- Promoción e Marketing
- Venda de rntradas (Atención ao público e interacción coa audiencia)
- Seguimento (feedback e avaliación financeira)
- Avaliación Post-Evento

Xoves 7 de decembro de 2023

O mundo asegurador no tecido asociativo

10:00. Impartido por José Luis Tur, asesor de Mapfre Vida, Iván Vilariño, asesor de empresas, e  Joaquín Rodríguez, delegado de Mapfre.

Abordaremos os seguros fundamentais para asociacións culturais: accidentes, locais, responsabilidade civil e directivas das entidades. Analizaremos as súas características esenciais e diferenzas para asegurar unha protección integral.

A removida da BMA

12:30. Xosé Corral e Alber Medraño, presidente e director artístico da Banda de Música de Arzúa BMA

Conferencia sobre a innovación nas bandas de música e a exploración de repertorios contemporáneos para posicionar a agrupación no circuíto do mainstream da música actual. Abordaremos a modernización da xestión da entidade, o establecemento de marca de calidade, a produción de espectáculos, as técnicas de marketing e a confección de repertorios para conseguir un maior impacto no público.

Mesa redonda: A formación dos directores de banda en distintos países europeos

17:00. Posibilidades actuais para a formación dos directores de banda. Contrastaremos diferentes proxectos europeos e as alternativas coas que conta o noso país e achegaremos unha perspectiva crítica actual sobre a figura do director e as vías futuras de exploración para a mellora do seu estatus laboral.

Interveñen:
- José Pérez Arias. Formado na Universidade de Tilburg (Países Baixos) e director da Banda do Cmus Profesional Manuel Quiroga de Pontevedra e da Xingro’s Big Band.
- Jose Tielas. Formado na Academia Europea de Dirección de Bandas (Portugal), coordinador da Escola Galega de Dirección de Banda e director da Agrupación Musical da Limia.
- Carlos Diéguez. Formado no Istituto Superiore Europeo Bandistico ISEB (Italia) e directivo da Asociación Nacional de Directores de Banda ANDB.
- Alber Medraño. Formado na Escuela Internacional de Dirección de Orquesta Maestro Navarro Lara (España), na Associated Board of the Royal Schools of Music ABRSM (Inglaterra) e director da Banda de Música de Arzúa BMA.

Moderador: Carlos Diéguez

Venres 8 de decembro de 2023

Clase maxistral de dirección con Miguel Romea sobre o Octeto de Stravinsky

O Octeto para instrumentos de vento de Igor Stravinsky, composto en 1923, será o punto final do IV Congreso Bandístico. Nesta experiencia única, os participantes e oíntes poderán explorar a riqueza e a complexidade desta obra neoclásica, mergullándose nos seus elementos rítmicos e contrapuntísticos.

Coa orientación de expertos e a colaboración entre participantes, a actividade busca non só proporcionar unha experiencia musical, senón tamén profundizar na comprensión da obra e na súa relevancia na evolución da música.

10:00 Introdución e análise Octeto - Grupo A
11:00 Clase práctica - Grupo A
12:20 Descanso
12:40 Clase práctica - Grupo A
14:00 Xantar
16:00 Introdución e análise Octeto - Grupo B
17:00 Clase práctica - Grupo B
18:20 Descanso
18:40 Clase práctica - Grupo B

  • Alejandro Valcárcel Moura, fagot
  • Daniel Otero Domínguez, fagot
  • Uxía Bolaño Amigo, clarinete
  • Ángela Camino López, frauta
  • José Rodríguez Ramos, trompeta
  • Jose Ignacio Seijo, trompeta
  • Juan Luis Novo Fernández trombón tenor
  • Óscar Vázquez Valiño, trombón baixo

Hai un total de 16 prazas dispoñibles para esta actividade práctica, e as prazas serán asignadas por orde de inscrición. Para formalizar a túa participación, por favor, completa o formulario específico e realiza o pagamento da cota de participación.

  • 30 euros para aqueles que están federados.
  • 70 euros para aqueles que non están federados.

A asistencia como oínte é gratuita e unicamente limitada ao número de prazas estará dispoñibles no espazo.

O proceso realizarase no seguinte formulario: https://forms.gle/m7W93QGqvuxN42jB8 🔗

Colaboración entre sociedades musicais e Institucións Públicas

11:00. Impartido por Patricia Hermida (CEO en dotbeat! e presidenta de AGEM 🔗)

A diferenciación entre contrato, convenio e subvención nas interaccións entre a Administración e os particulares non está claramente definida. É común que se suscriban convenios que, ou ben teñen un carácter eminentemente contractual, ou ben que buscan outorgar unha subvención. En ambos casos, están desatendidos os princpios xerais da contratación e das subvencións. Examinaremos a distinción entre estas tres formas e analizaremos casos de boa praxe aplicables ao noso ámbito.

Fiscalidade nas asociacións culturais

17:00. Miguel Ángel Agís Otero (Asesoría AEPO 🔗)

Exploraremos a complexidade fiscal nas Asociacións Culturais. Descubriremos as obrigas censais, declarativas e contributivas que afectan ás asociacións culturais, incluíndo temas como CIF, alta de actividade económica, tipos de entidades non lucrativas, IVA e imposto de sociedades (IS).