Loading Events

VIII Encontro Banda Sinfónica Xuvenil Galega

Compartir

Do 29 de xuño ao 3 de xullo de 2026 celebrarase en Celanova o VIII Encontro da Banda Sinfónica Xuvenil Galega, unha semana de traballo musical e convivencia na que os integrantes da BSXG continuarán o seu proceso formativo colectivo.

Ao longo destes días desenvolveranse ensaios de sección e conxuntos, así como sesións formativas a cargo de profesionais de recoñecido prestixio, co obxectivo de preparar o repertorio que será interpretado no concerto final.

O encontro concluirá cun concerto o 4 de xullo na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, no marco do Festival de Bandas, no que a Banda Sinfónica Xuvenil Galega ofrecerá o resultado do traballo realizado durante a semana.

Este encontro consolídase como unha das principais actividades formativas da Federación Galega de Bandas de Música Popular, favorecendo o perfeccionamento musical, o traballo en grupo e a convivencia entre novos músicos de toda Galicia.