Cargando eventos
Este evento pasou.

Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira

  • Sobrado, 15813 Sobrado, A Coruña, España

  • 19 Setembro 2021, 14:00

Descrición

Nace en 1980 baixo a iniciativa dun grupo de amigos. O seu primeiro director foi José Villaverde Gómez, que estivo á frente da formación ata setembro de 1989. En 1983 a Banda participa no Certame de Bandas Populares de Galicia e recibe a mención de “Banda máis xove de Galicia”.

Ao longo da súa historia estivo dirixida por Luís González Amosa (1989-2000), Braulio Cao Ledo (2000-2008), Miguel Rodríguez Barrio (2008-2015) e José Lodeiro Gesto (2015-2018). Na actualidade o seu director é Manuel Otero Payno dende decembro de 2018.

Agora, a agrupación está composta por 70 músicos e conta con una Escuela de Música integrada por 90 alumnos, que son os compoñentes da Banda Infantil e Banda Xuvenil. Tamén forman parte da asociación o Coro Vales Mahía e a Banda de Veteranos.

O traballo realizado nos últimos anos foi recompensado por oito segundos premios e cinco primeiros premios a nivel provincial, autonómico e estatal, entre os que cabe destacar o segundo premio no I Certamen de Bandes de Música Vila de la Senia (2007); ou o primeiro premio no II Certame Galego de Bandas de Música (2008) organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Populares. No ano 2014 a Banda actuou xunto co cuarteto indie-folk Caxade en CULTURGAL, a Feira das Industras Culturales de Galicia, donde se realizou a grabación dun DVD+CD que os levaría a actuar no Festival Internacional Rio Loco de Toulousse.

Anualmente, na Bandeira celébranse concertos Extraordinarios por Ano Novo, Santa Icía e o Festival de Bandas de Bandeira, no que teñen participado numerosas bandas de toda a comunidade. Asimesmo, organízanse campamentos musicais, masterclasses e cursos de especialización musical polos que teñen pasado grandes músicos e profesores como Roberto Bodí, Xocas Meijide, Víctor Vilariño, Fernando Raña, Luis González, Xosé Rodríguez, Jose Manuel Redondo ou Jordi Ortega. Por último, tamén tiveron a oportunidade de contar con directores convidados como Massimiliano Legnaro ou Ferrer Ferrán.

MANUEL OTERO PAYNO

Empeza a estudar trompeta na Escola de Música da Bandeira, da man de Luís González. Os seus estudos superiores de trompeta realízaos no Conservatorio Superior de Música de Vigo, e de interpretación orquestral na Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia, co trompeta solista da Real Filharmonía, Javier Simó.

Asiste asiduamente a clases de perfeccionamiento de trompeta con profesores como Xosé Rodríguez, Benjamín Moreno, Hakan Hardenberger, Bö Nilsson, Roberto Bodí, entre outros.

Paralelamente realiza estudos de jazz con Suso Atanes, Paco Charlín, Abe Rábade, Pablo castaño e Chris Kase, obtendo diplomas de formación en Escola Estudio e o Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra.

Estuda tamén composición con Antón García Abril, Julián Rodríguez, Fernando Buide… completando os seus estudos no Conservatorio Superior de A Coruña.

A súa carreira como director musical está tutorizada por Marcel Van Bree e Juanjo Ocón. Tamén participa como estudante na Escola Galega de Dirección de Banda, realizando cursos con Douglas Bostock, Jan Cober, Javier Viceiro ou Andrea Loss.

Colaborador como trompetista coa Banda Municipal de Santiago, Banda Municipal da Coruña, Banda Municipal de Pontevedra, Banda Filharmónica de Galicia, Orquestra de Amigos da Ópera de Vigo, Orquesta Clásica de Granada ou a Real Filharmonía de Galicia… tamén participa como músico de jazz, músicas improvisadas e outros campos artísticos de formacións musicais galegas como o rock, a música tradicional ou a canción.

Como docente foi profesor en diferentes escolas de música de Galicia como Escola de Música da Bandeira, Escola de Música Municipal de Vigo, Escola de Música Municipal de Padrón, Estudio Escola, Conservatorio Superior de Música de Vigo, Conservatorio Profesional de Música de A Coruña, Escola de Música Municipal de Ordes…

Como compositor e arranxista realiza traballos con productoras do audiovisual como Filmax ou Filmanova, proxectos interdisciplinares con danza, circo, teatro ou cine e composicións para banda ou orquestra sinfónica e música de cámara.

Dirixiu a Banda Xuvenil da Bandeira, Banda de Ordes, e actualmente é director da Escola de Música e a Banda Recreativa e Cultural da Bandeira, trabalo que compaxina como profesor do Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela, ao mesmo tempo que forma parte como compositor e “actor temerario” da compañía de teatro “A Cova das Letras” xunto con Cristina Collazo e Anxo García.

Programa do concerto
– Guláns (Rogelio Groba)
– Chaplin in Concert (Marcel Peeters)
– Rapsodia Galega (Enrique García Rey)
– Willians in concert (arr. Paul Lavender)
– Concerto para clarinete (Artie Shaw)
– Xota de Nicolás (X.L. Represas)
– Uprising (Muse, arr. Manuel Otero Paino)
– Namoriqueira (J. Carracedo)