Banda de música de Salvaterra
25 Setembro, 2021 @ 19:00 - 20:00
Banda de música de Salvaterra
Paseo da Corredera, P.º da Corredera, 36700 Tuy, Pontevedra, España
25 Setembro 2021, 19:00
Descrición
Todo comeza en xuño do ano 2007 nas festas do Cristo de Salvaterra de Miño, un día moi importante culturalmente falando para Salvaterra, que xa contaba con agrupacións corais, grupo folclórico, e a partir dese momento quedaba presentada tamén a Banda de Música de Salvaterra de Miño sendo o referente cultural, xa que tamén conta co apoio da Escola de Música de Salvaterra de Miño que conta con máis de 180 alumnos, que a parte de estar enfocada a crear músicos amateurs, tamen imparte clases para aqueles que desexen a música como o seu medio de vida, e que irá nutrindo de futuros músicos a esta importante agrupación, coa axuda tamén da Banda de Música Xuvenil e a recién creada Banda de Música Infantil de Salvaterra de Miño.
Nos anos 2011, 2013 e 2015, aínda que con só 4 anos de historia, participan nos certames de Bandas de Música Populares organizado pola Exc. Deputación de Pontevedra.
A Banda de Música de Salvaterra de Miño, conta actualmente cunha media de 55 músicos, realiza varios intercambios con distintas agrupacións musicais como a Banda de Música popular de Rubiós, Unión Musical de Coruxo, Banda de Música de Mondariz, Unión Musical de Guláns, e destacando tamen o intercambio feito coa Banda de Música Municipal Villa de Alagón (Zaragoza), Banda de Música Municipal de Villamayor (Salamanca), Festival Internacional de Bandas de Música de Monçao (Portugal) entre outros. Ademáis, participou durante dous anos consecutivos no certamen Autonómico Galego de Bandas de Música, no auditorio de Galicia en Santiago de Compostela acadando o 3º premio.
No ano 2018 a Banda foi seleccionada e participou no certamen internacional de Aranda del Duero (Burgos).
Dende a súa fundación sucédense actuacións por toda a xeografía galega e norte de Portugal mentres a Banda vai medrando en calidade e prestixio.
Esta agrupación está dirixida baixo a batuta de D. Daniel Gregores Muñoz.
DANIEL GREGORES
Naceu en Caldelas. Os 10 anos comeza os seus estudos musicais na Banda de Música Popular de Tui (Pontevedra), continuando os seus estudos no Conservatorio Superior de Música de Vigo cos mestres Luís Juncal e Feliciano Morales. No ano 1998 obtén o título de Profesor de Grao Medio de Música no Conservatorio de Música de Vigo. Anos máis tarde remata os estudos de Profesor Superior de Música.
Ademáis realizou estudos do desenvolvemento da Eutonía “Gerda Alexander”, estudos de Harmonía e Análise e Organoloxía con Pablo Beltrán, Antonio Cantal, Juan Trillo… e cursos de experiencias docentes no novo modelo de Escolas de Música.
Asistiu a clases e Master Class con diversos trombonistas entre os que podemos destacar a Ricardo Casero (Trombón solista OCV Palau de les Arts), Enrique Ferrando, Francisco Rosario (Orquesta sinfónica de Sevilla), Indalecio Bonet, Cristian Lindberg, Master Class a cargo de Canadian Brass, Spanish Brass, …
Recibiu e recibe clases e cursos de dirección cos Mestres Henry Adams, Javier Viceiro, Miguel Angel Martínez, Jan Cober, Jan van der Roost, Marcel Van Bree, André Granjo, Pascual Vilaplana, Jean Sébastien Béreau, entre outros…ademáis de seguir ampliando os seus estudios e ser actualmente alumno da “European Academy for Wind Band” (Academia Europea de dirección).
No ano 1999 comeza a impartir clases de vento-metal na Escola de Música de Tangil (Portugal).
A partir do ano 2001 comeza a súa actividade como profesor no Conservatorio Municipal de Tui onde impartiu clases de Trombón e Audicións Comentadas, actualmente é Director e profesor da Escola de Música e Banda de Música de Salvaterra de Miño, profesor na Escola de Música de Salceda de Caselas onde levou a dirección da Banda de Música Xuvenil de Salceda de Caselas, Escola de Música de Tangil (Portugal), membro fundador da Brass Band de Vilanova de Cerveira (Portugal) e foi Profesor na Escola Municipal de Baiona, onde desenvolveu o cargo de Secretario de Dirección. Tamen impartiu clases de Música nos colexios de Educación Primaria de Salvaterra de Miño.
Colabora con numerosas Bandas de Galicia e Portugal. En 2016, levou a dirección coa Banda de Música de Pontevedra, foi invitado a formar parte da Banda da Federación Galega de Bandas de Música, da Orquesta Clásica de Vigo, da Banda de Música do Conservatorio Superior de Vigo, do quinteto “Metais Faiscas” e do trío “Nova Nursia”. Tamén colaborou na gravación do conto musical das “Maimiñas” editado por editorial Galaxia.
Por outra parte podemos salientar, o terceiro premio conseguido como director da banda de música de Salvaterra de Miño no certame autonómico galego 2016, foi membro do xurado do concurso de Corais da Exc.. Sta Cadetral de Tui, membro fundador da Asociación Músico-Cultural Anunciada de Baiona, asociacion musico-cultural metais-faiscas, asociacion Pai Rosendo Salvado de Tui, Asociación Banda de Música de Salvaterra de Miño e da Asociacion Union Musical de Salvaterra (Escola de Música) sendo fundador da súa actual Escola de Musica, a cal conta con máis de 180 alumnos.
Program
– Agárrate saxo (Joaquín Montañés)
– Suitte Galaica (Antón Alcalde)
– Semente dun home sabio (Adrián Silva Magdalena)
– Bodas de Luis Alonso (Jiménez)
– God save the Queen (arr. Carlos Marqués)
– Fiesta de las trompetas (Leroy Anderson)
– Deep Purple Medley (Toshihiko Schoshi)
– Cumbanchero (Rafael Hernández)
– Que rico el mambo (Pérez Prado)
– Mozos do Penedo (Xosé Luis Represas)
– Ponteareas (Reveriano Soutullo)
– Martinica (Groba)