Banda Ateneo Musical da Pobra
25 Setembro, 2021 @ 19:30 - 20:30
Banda Ateneo Musical da Pobra
Praza da Constitución, 15270 Cee, La Coruña, España
25 Setembro 2021, 19:30
Descrición
A Banda de Música da Pobra foi fundada, segundo algunhas fontes, no ano 1891, sendo o seu primeiro director José Paz Hermo, profesor de piano na vila. Paz Hermo era fillo do organista D. José Paz e irmán do famoso compositor D. Egidio Paz Hermo (1863-1933) que desenvolveu case toda a súa carreira musical en Bos Aires, quen, á súa vez, foi pai do ilustre músico arxentino D. Juan Carlos Paz (1885-1972), introdutor do Dodecafonismo en América Latina, gran difusor da música do século XX e crítico de arte.
No ano 1909 accede por oposición á dirección da Banda o mestre caldense D. Ricardo Fernández Carreira (1881-1959), un dos máis importantes compositores galegos de preguerra, que procedía da Banda Municipal de Santiago na que era solista de clarinete. Permanecerá no cargo ata o ano 1921.
Fernández Carreira compón na Pobra unha parte importante da súa obra que inclúe todo tipo de xéneros: música para banda, música de cámara, obras para piano e un importante catálogo de música litúrxica. En 1910 funda na vila a Capela de Música Lauda Sion, coro profesional adicado exclusivamente á música sacra que continúa en activo, mantendo viva unha profesionalidad
O impulso de Fernández Carreira é transcendental para a banda, así, baixo a súa dirección, a Corporación Municipal aproba en 1910 a compra de instrumentos e a confección de novos uniformes para os músicos. Crea a Academia de Música para a formación da canteira de intérpretes e reorganiza o catálogo da Banda incrementando considerablemen
Ret
Na Pobra, cando escoitamos unha Banda de Música, imaxinamos cultura, arte, sacrificio, traballo, alegría…Un pobo con Banda é un pobo cheo de vida.
A Banda de Música da Pobra renace coa firme intención de converterse nunha das Bandas de referencia da contorna, cun equipo de mestres implicados no proxecto e cunha canteira de rapaces nos que agroman a ilusión e a ansia por medrar músical e persoalmente.
No 2014 sae á rúa no día de Xoves Santo e participa nos actos relixiosos; dá o seu primeiro concerto no xardín da Vila o 20 de xullo no marco da celebración das festas na honra á Virxe do Carme do Castelo, programa e participa no II Festival de Bandas e actúa no Carme dos Pincheiros e no Nazareno, festa declarada de Interés Turístico de Galicia.
Cada ano, a BMAMP, en colaboración co Concello d´A Pobra do Caramiñal, presenta o seu programa de traballo; festas do Concello, Festival de Bandas “Concello da Pobra do Caramiñal”, concertos temáticos, concertos didácticos, concertos en familia e o ciclo anual dos “Concertos ao ar”.
A Banda apóiase nunha Escola de Música que conta cuns oitenta nenos (desde os tres anos de idade) e cun grupo de profesionais preocupados por facer unha laboura pedagóxica de calidade. Conta a Escola de Música da Asociación Cultural Esmu A Pobra tamén cunha banda en sección xuvenil formada por 21 músicos onde o máis pequecho desfruta dos seus seis anos de idade.
Hoxe, a Banda forma parte do patrimonio cultural de todos os vecinos do Concello.Á Banda de Música da Pobra aínda lle queda moito traballo por facer para chegar á calidade musical das Bandas coas que adoita compartir concertos, pero conta co ben máis prezado:A ilusión, o esforzo, o compromiso e o agarimo dos músicos e das súas familias.
Eles, e tan só eles, fan que esta nova etapa da Banda de Música do Ateneo Musical da Pobra do Caramiñal sexa unha realidade.
MANUE
Nace na parroquia de Taragoña, concello de Rianxo, onde comenza a súa singradura musical tocando o bombardino na Banda Infantil da man dos mestres D. Francisco Ces, D. Manuel Lorenzo e Maximino Boga.
Realiza estudos de bombardino e trombón no Conservatorio de Música de Santiago, onde acada o Título Superior en ambas as dúas especialidades no curso 97 – 98.
Asiste a cursos e a clases de perfeccionament
En 1993 comenza os estudos de Maxisterio na Universidade de Compostela. No ano 1996 obtén o título de Mestre Especialista en Educación Musical coas máximas cualificacións en Agrupacións Musicais, Formación Instrumental e Didáctica da Lingua e da Literatura Galegas.
En 1997 aproba a oposición ao corpo de mestres, cargo dende o que desempeña a súa función docente.
Asisti
Foi cofundador da Banda Municipal “Rosalía de Castro”, agrupación coa que colleitou un cuarto premio no I Certame de Bandas da Federación Galega de Bandas de Música Populares na súa 3ª sección.
Tocou coa SEM Big Band e na GALLAECIA Big Band.
Participa tamén na elaboración e na edición de recursos didácticos dirixidos á mellora da educación musical na Primaria.
Parti
Na actualidade é presidente da Asociación Cultural “Esmu A Pobra” (Escola de Música da Pobra) e dirixe o seu proxecto educativo.
É Director da Banda de Música “Ateneo Musical” da Pobra e, desde o 2005, desempeña a súa función docente como mestre de Educación Primaria no CEIP Plurilingüe “O Grupo” de Ribeira.
Program
– Siete rosas (Alejandro del Río Fernández)
– El Sitio de Zaragoza (Cristóbal Oudrid)
– Ross Roy (Jacob de Haan)
– Rapsodia gallega (Enrique García Rey)
– Pirates of the Caribbean (Klaus Badelt, arr. John Wasson)
– Os labregos (José Carracedo)
– As penelas (Felisindo Pérez Seara)
– Feiticeira (José Carracedo)
– Troulada (Xosé Iglesias Ramilo)
– Pasodobre de San Roque (Popular, arr. Juan Lois Diéguez)
– A Santiago Voy (Orquestra Poceiro, arr. Orquestra José Somoza)
– Nino Bravo en concierto (Manuel Calero García)