Banda Cultural Vila de Noia

Banda Cultural Vila de Noia

Xa no ano 1.880, Noia contaba con dúas bandas de música e a partir de aquí, seguiron bandas de música con sorte variada; facíanse e desfacíanse con certa frecuencia, ata chegar ao ano 1.984. Aquí xorde unha persoa que foi músico da Banda Municipal, alá polo ano 1.949, e empeñouse en reorganizar de novo a banda de música e conseguiuno. A actual Banda de Música sae á rúa en abril de 1.984, grazas ao enorme esforzo realizado Miguel Fernández Pestonit. 

A banda conta con destacadas actuacións en poboacións de Zamora, León, Villafranca del Bierzo, Cuenca e varios lugares de Portugal (Chaves, As Termas, Estrareixa, Cabeiro, Tomas etc.) ou Bos Aires no ano 1.989. 
Actualmente á fronte da banda está D. Manuel Molinos Rivas,
Tras a crise da Covid-19, a banda veu paralizada toda a súa activitade e cando as mediadas sanitarias o permitiron, tras casi 40 anos ao frente da banda, Miguel Fernández Pestonit deixa o seu posto como presidente e convoca eleccións para dotar de sangue nova á Banda. Tras as eleccións consolidouse unha nova directiva por unanimidade que tería como presidente a Manuel Calvo Rey (natural de Negreira), músico que xa era parte da banda dende hai máis de 10 anos. 
Tan pronto como puido, a nova diretiva púxose a traballar e unha das súas primeiras decisións foi cambiar o nome da banda polo que, tras unha votación, a banda pasou a convertirse na Banda Cultural Vila de Noia. 
Actualmente, a Banda Cultural Vila de Noia conta con moitos proxectos tanto a longo como a curto prazo que se espera que den un empurrón a esta agrupación!