Banda de música da Vertula

Banda de música da Vertula

A Escola e Banda de Música da Vertula de Paradela (Meis) naceu no seo do Centro Cultural A Roda Pequena no ano 1990 cando, por iniciativa de Benilde Hermida, inícianse as clases de solfexo e instrumento. No ano 1992 realiza a súa primeira actuación na parroquia con 15 músicos, Na actualidade todas as actividades se integran dentro da Asociación Cultural A Vertula converténdose no elemento dinamizador máis importante da parroquia. A maioría dos integrantes da Banda da Vertula son rapaces/as e mozos/as de Meis que atopan na música un espacio de lecer e educación. 
Realiza actuacións tanto en Galicia como en Portugal e ten participado en diversos certames musicais da nosa xeografía. A nivel pedagóxico colabora con concertos didácticos co C.P.I. de Meis así como a Escola de música Alfaia de Fontiñas (Santiago).
Desde a súa orixe a banda está dirixida por Manuel Conde Calvo, Casiano Mouriño Maquieira e Manuel Muñoz Hermida sendo este último o actual director, interpretando un extenso repertorio que inclúe desde a música galega ata as composicións modernas. En colaboración coa Coral Xuntanza de Meis e o Coro de Santa María de Paradela, abordan un repertorio tanto sinfónico coral como popular galego. 
No ano 2008 acadou o 1º premio na sección 3ª do 1º concurso zonal de bandas organizado pola Deputación de Pontevedra. No ano 2009, na súa primeira participación, acadou o 1º premio na sección 3ª do IX Certame de bandas organizado pola Deputación de Pontevedra, e no ano 2011 volve a repetir o 1º premio no XI Certame de bandas da Deputación de Pontevedra. 
No ano 2012, gravou a banda sonora da curtametraxe “Anamnese” da xove directora de cine pontevedresa Leticia Prieto, música composta polo director da banda de música, Casiano Mouriño, así como participou no mesmo ano XIII Certame Internacional de Bandas de Música Vila de Aranda en Aranda de Duero. 
Na actualidade, están introducindo outro tipo de repertorio, dende as bandas sonoras de películas ata a música Pop e Rock, apostando así por un repertorio non tan frecuente para este tipo de formación. 
Neste pasado ano 2020, celebrouse o seu XXX Aniversario.