Banda Unión Cultural de Campo Lameiro

Banda Unión Cultural de Campo Lameiro

Nace no mes de febreiro de 1990 como unha agrupación de nenos e nenas que ten á fronte da súa ensinanza musical a D. José Bugallo Diz, fundador e primeiro director. Fai a súa presentación oficial en agosto dese ano coincidindo coa Festa dos mozos en Campo Lameiro.

No 1995 actúa nos programas Luar da TVG e Desde Galicia para el mundo de TVE e realiza un intercambio coa Banda de Aguas Nuevas (Albacete) que se repite no ano seguinte. En 1998 realiza un intercambio coa Banda de Hoya Gonzalo (Albacete), participa no concerto de bandas celebrado en Santiago e a dirección pasa ao fillo do fundador, D. José Bugallo Senra. Uns anos máis tarde, créase a escola de música.

A partires do ano 2001 participa en varias edicións do Certame de Bandas da Deputación de Pontevedra (acada varios terceiros postos e o 1º posto e mención de honra no 2007). En 2003 a dirección pasa a D. Delio Represas Carrera e a banda realiza un intercambio coa Banda de Música de Alpera (Albacete). En 2006 graba un CD coa coral polifónica de Campo Lameiro e asume a dirección D. José Luís Represas Carrera. En 2008, participa no I Certame Zonal de Pontevedra, acada o 1º premio da sección 3ª e realiza un intercambio coa Banda de Música Uniao Pinheirense de Albergaría a Vellha (Portugal). En 2009 obtén o 1º premio de 3ª sección no II Certame Zonal de Pontevedra. En 2010 a direción pasa a D. Marcos Corbacho Paz, actual director.

Realiza espectáculos como MUSIC DANCE (2010) con Patricia Martínez e Adrián Esperón (baile de salón), Voz de Banda (2013) con Ana Ferreira e José Antonio Campo Edesa, e Vaia Banda (2015) co grupo de percusión Odaiko. No 2016 celebra o 25 aniversario, realiza a grabación dun CD titulado 25 aniversario, que recolle unha mostra significativa da labor e o repertorio que a banda leva a cabo na actualidade. Participa nos concertos realizados pola Federación Galega de Bandas de Música na praza das Praterías (Santiago de Compostela) e asiste ós festivais de bandas de Moraña, Portas e Sanxenxo. No 2017, a banda actua no programa da TVG Luar presentando o seu CD. En 2018, repite na praza das Praterías, participa nun concerto en Homenaxe ás antigas Bandas de Cerdedo e organiza unha festa de nadal coa colaboración do grupo local Cantos de Taberna e os guitarristas Miguel del Rio e Santi Mar San. En 2019 organizan o concerto Desconcerto con Félix Rogríguez e Fran Rei. No ano 2020 a banda de música fai un parón na súa actividade debido á pandemia mundial da Covid-19.