Banda de música de Catoira

Banda de música de Catoira

A Banda de Música de Catoira dá o seu primeiro concerto o 6 de Xaneiro de 1990. Son os seus primeiros directores Valentín Rey , Xosé Carlos Seráns Olveira e Carlos Figueira Abuin.

Viaxa a Dinamarca nun importante intercambio cultural co pobo de Frederikssund, actuando na Embaixada de España en Dinamarca. 

No ano 2001 queda finalista no Día da Musica Xove, Xuventude 2001, organizado pola Xunta de Galicia. No ano 2002 acada o 3º Premio na sección 2º do II Certame Provincial de Bandas de Música da Deputación de Pontevedra; neste mesmo certame acada o 1º Premio e Mención de Honra na sección 2º no ano 2003; e , en outubro do 2004 gaña o 1º Premio da Sección Primeira no IV Certame Provincial celebrado en Pontevedra. 

En 2006, acadou o 1º Premio da Sección Primeira no VI Certame Provincial de Bandas de Música. No 2008 acada o 3º Premio da Sección Primeira no VIII Certame Provincial de Bandas de Música, neste mesmo ano tamén acada o 2º Premio da Sección Primeira no II Certame Galego de Bandas de Música celebrado en Santiago de Compostela.  Dende o ano 2009 en colaboración coa Esmu. Municipal de Catoira ven participando nos Cursos de Dirección de Banda impartidos polo Mestre José Rafael Pascual Vilaplana en Catoira (2009, 2010, 2012). 

En 2010 editou o seu primeiro disco, un dobre CD chamado “20 Anos de Música”, un traballo discográfico que recolle a traxectoria musical da Banda ao longo de dúas décadas, gravacións en directo das actuacións en distintos Certames Provinciais e Autonómicos. 

No 2013 realiza un intercambio cultural coa Banda Sinfónica de Reus, realizando concertos no pobo de Valls, e no Gran Teatro Bartrina da cidade de Reus, dentro do Ciclo de Música “Reus a catro Bandas”. 

No ano 2014 a Banda de Música de Catoira acadou o 2º Premio no Certamen Internacional de Bandas de Música “Villa de Aranda”. 

En agosto do 2016 realiza un concerto baixo a batuta do mestre J.R. Pascual Vilaplana. En novembro do mesmo ano, acado o 2º premio na Sección Segunda no X Certame Galego de Bandas de Música. 

Dende o ano 2020, a Banda de Música de Catoira está dirixida polo mestre Jose Luis Quintás Carreira.