Banda de música Ateneo Musical da Pobra do Caramiñal
No ano 1909 accede por oposición á dirección da Banda o mestre D. Ricardo Fernández Carreira, un dos máis importantes compositores galegos de preguerra, clarinete solista da Banda Municipal de Santiago. Fernández Carreira compón na Pobra unha parte importante da súa obra que inclúe música para banda, música de cámara, obras para piano e un importante catálogo de música litúrxica. En 1910 funda a Capela de Música Lauda Sion, coro profesional adicado exclusivamente á música sacra que continúa en activo. Baixo a súa dirección, a Corporación Municipal en 1910 compra instrumentos e novos uniformes á banda. Crea a Academia de Música para a formación da canteira e reorganiza o catálogo incrementando o nivel técnico e artístico do repertorio.
Ret
A Banda de Música da Pobra renace coa súa presentación en xuño de 2013 e remata o ano participando no I Festival de Bandas Concello da Pobra, coas Bandas de Música de Candeán e Vincios. No 2014 sae á rúa nos actos relixiosos da Semana Santa; dá o seu primeiro concerto no xardín da Vila o 20 de xullo nas festas á Virxe do Carme do Castelo, programa o II Festival de Bandas e actúa no Carme dos Pincheiros e no Nazareno.
Cada ano en colaboración co Concello d´A Pobra do Caramiñal, presenta o seu programa de traballo; festas do Concello, Festival de Bandas Concello da Pobra do Caramiñal, concertos temáticos, didácticos, en familia e o ciclo anual dos Concertos ao ar.
A Banda apóiase na Escola de Música que conta cuns oitenta nenos (desde os tres anos) e cun grupo de profesionais preocupados por facer unha labor pedagóxica de calidade. Conta cunha banda en sección xuvenil formada por 21 músicos dende os seis anos.
Hoxe, a Banda forma parte do patrimonio cultural de todos os vecinos do Concello e conta coa ilusión, o esforzo, o compromiso e o agarimo dos músicos e das súas familias que fan que esta nova etapa da Banda de Música do Ateneo Musical da Pobra do Caramiñal sexa unha realidade.