Banda Cultural e Recreativa das Pontes
- Rúa Monte Caxado nº 8
- bandadaspontes@gmail.com
- 690154192
Por iniciativa do entón alcalde D. Jaime Vilaboy Ramil e como resultado do entusiasmo e inquedanza de varios músicos das Pontes, no ano 1987 decidíuse no Concello, a contratación dun director que guiase a creación da Banda, así como a merca do equipamento musical necesario para poñela en marcha.
Levadas a cabo as xestións necesarias para dito fin, conqueríuse que, a principios de Abril do ano 1987, comezasen os ensaios da agrupación baixo a batuta do mestre D. Herminio Prieto Castro, realizándose a presentación da Banda no Cine Alovi, o 25 de outubro do mesmo ano.
Leváronse a cabo actuacións ó longo de toda a xeografía galega, outros puntos de España e varios países veciños; festivais e certames de grande sona; procesións marítimas, procesións como as de Semana Santa en Zamora, concertos conxuntos con outras agrupacións como Masas Corais, Bandas de Gaitas, Rondallas, Ballets. Tamén concertos líricos, didácticos, participacións en programas da RTVG e da TVE, etc.
A Banda das Pontes organizaciou o primeiro Curso de Dirección de Bandas en Galicia, patrocinado polo IGAPE e a Federación Galega de Bandas de Música Populares.
Tamén cabe salientar o gran orgullo que para esta agrupación supuxo a recopilación e investigación que deu lugar á reaparición e presentación do antiguo Himno de As Pontes.
Foron varios os directores que pasaron por esta agrupación, destacando a presencia de D. Juan Bernat que estivo á fronte da agrupación durante 15 anos. Neste período fundouse a Escola de Música, fonte de formación actual dos compoñentes da agrupación bandística e a Banda Xuvenil, que é a agrupación onde os nenos adquiren máis coñecementos para acceder á Banda Cultural.
Dende o ano 2010, a Banda está dirixida por D. José Lodeiro Gesto. Esta agrupación conta actualmente con 40 músicos. Durante este período cabe destacar a celebración do 25 aniversario da Banda na que participaron tanto membros actuáis coma outros que pertenceron á agrupación nalgún momento, a organización do I Curso Musical Vila das Pontes que tivo lugar durante a primeira quincena do mes de Xullo do 2016 e a presentación no “Certame Internacional de Bandas de Musica” en Benavente (Castela e León) no mes de Xullo do 2020.
Nestes últimos meses estase a facer cargo da agrupacón Daniel Novo Pena, integrante da Banda durante os últimos 20 anos e Director da Banda Xuvenil da vila.
Currículum do Director
Daniel Novo Pena
Comeza os seus estudos musicais aos 9 anos na especialidade de saxofón rematando os seus estudos profesionais 10 anos despois no Conservatorio Profesional de Ferrol. Nestes anos comeza a súa unión polas bandas de música formando parte da Banda de Narón, da Banda Municipal de Ferrol e dende o anos 2002 pasa a formar parte da Banda Cultural e Recreativa das Pontes.
Entre os anos 2006 e 2010 realiza os seus estudos no Conservatorio Superior da Coruña co mestre Narciso Pillo completando posteriormente a súa formación con 3 másters de interpretación, formación de profesorado e investigación musical.
Na súa experiencia docente destaca o seu paso por diversas Escola de Música como as de Cee e Ribadeo e diversos conservatorios como os de Vilalba, Arzúa.
Na actualidade é profesor de saxofón no Conservatorio Profesional de Carballo sendo o subdirector do centro, ademáis do director da Banda Xuvenil das Pontes, posto que ocupa dende o ano 2007 e profesor da Escola de Música das Pontes da que foi director dende o 2008 ao 2022 e facéndose cargo estes meses da dirección da Banda Cultural e Recreativa das Pontes.