Ateneo Musical de Bembrive
- Alameda do Torreiro s/n - Bembrive
- ateneomusicalvigo@hotmail.com
- http://ateneomusicaldebembrive.org/
- 678635614
Creado o 1 de outubro de 1994 baixo a iniciativa de Roberto Carlos Lobato Abalde, quen con 20 nenos e nenas inicia a sua andaina. En febreiro de 1996 asume este reto D. Javier González Lamas, creando unha escola de música.
O 19 de decembro de 1996 actúa por primeira vez no auditorio do Centro Cultural Helios de Bembrive, pero non é ata o 6 de febreiro de 1999 cundo fai a sua presentación oficial, sendo apadriñada pola banda de música Agrupación musical do Rosal. O 30 de maio de este mesmo ano se presenta no auditorio do Concello de Vigo.
A partir de aquí os concertos se empezan a facer cunha maior asiduidade , poidendo destacar os seguientes: concierto de veran na Alameda do Torreiro de Bembrive, actuando conxuntamente coa banda de música La Primitiva de Rafael Buñol, concerto de solistas no auditorio do Centro Cultural Caixanova, inauguración do novo auditorio do Centro Cultural Helios de Bembrive, etc. Tamén son de destacar as suas actuacions en diversos festivais tanto en España como en Portugal como o demostran os concertos realizados no Norte de Portugal así coma en Navarra e Toledo.
En 2019 outórgaselle a insignia “mazá de ouro” pola súa labor social, educativa e cultural, asi como tamén realiza a estrea en exclusiva de duas obras : “Himno de Bembrive” e “Cachafondo” de Marcos Castro.
Partícipe asiduo en certames obtendo diversos galardóns:
- 3er premio no Certamen Provincial de Bandas de Música da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra no ano 2003.
- 2do premio no Certamen Provincial de Bandas de Música da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra no ano 2004.
- 3er premio no I Certame zonal de Bandas da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra en 2008
- 3er premio no Certamen Provincial de Bandas de Música en 2008
- 4to premio no II Certamen de Bandas de Música de Galicia en 2008
- 1er premio no II Certamen zonal de Vigo da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra en 2009
- 3er premio no Certamen de bandas de música de Pontevedra en 2009
- 2do premio no Certame zonal de bandas de música de Vigo no 2010
Dende xaneiro de 2020 asume a dirección da banda D. Iván Carreira.
Currículum do Director
Iván Carreira González
Nace en Catoira no ano 1981 onde comeza os seus estudos de trombón con Xosé Casal Sueiro e posteriormente con Carlos Figueira Abuín. Máis tarde amplía os seus estudos no Conservatorio Profesional de Pontevedra e nos Conservatorios Superiores de Vigo e A Coruña.
Asistiu ademais a cursos de perfeccionamento con Enrique Ferrando, Ricardo Casero, Indalecio Bonet , Joaquín Vicedo, Rubén Prades , Michel Becquet, Joel Vaisse e Byron Fulcher entre outros.Formou parte da Xoven Orquestra da Sinfónica de Galicia na que recibiu clases de Petur Erikson e John Etterbek . Ademais colaborou en varias ocasións coa Orquestra Sinfónica de Galicia. En 2007 entrou a formar parte da Banda Municipal de A Coruña, formación ca que actuou como solista no 2013 baixo a dirección de José Rafael Pascual Vilaplana.
Participou en varios proxectos discográficos coa Banda Municipal de A Coruña e co quinteto de metais Mai’s Brass do que é membro fundador ademais de gravacións de bandas sonoras e con grupos como Luar na Lubre.
No campo da dirección, estudou no Seminario Galego de Dirección impartido polos mestres José Rafael Pascual Vilaplana e José Miquel Fayos Jordan. Participou no Seminario de Dirección de Banda organizado pola Banda de Música de Pontevedra, recibindo clases dos mestres Andrea Gasperin, Miguel Etchegoncelay, Frank de Vuyst, Juan José Ocón, e Pascual Vilaplana.
Estudiou tamén na Academia Europea de Direçao de Banda en Portugal cos mestres Jan Cober, Javier Viceiro, Jean-Sébastien Béreau, Alberto Roque e André Granjo e no conservatorio de Maastrich realizando o Mestrado en Dirección de Banda co mestre Jan Cober. Dirixiu durante varios anos a Banda Xuvenil de Catoira e en múltiples ocasións a Banda de Música de Catoira e a Banda de Vilagarcía como invitado.
Actualmente dirixe a Banda do Ateneo Musical de Bembrive dende o ano 2020.