XII Certame (2018)

A nova edición do Certame Galego de bandas de música, organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Populares, terá lugar durante a tarde dos días 3 e 4 de novembro de 2018 no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela.

O director de orquestra británico Douglas Bostock, a directora da Banda de Mujeres de la Federación de Sociedades de la Comunidad Valenciana, Mercedes Femenía, e o pianista, compositor e director valenciano Ferren Ferran son os integrantes do xurado, que dará a coñecer o nome das formacións gañadoras, xunto coas obras gañadoras do XI Concurso de Composición, durante o acto de clausura.

As bandas interpretarán un pasodobre de presentación e, xa en concurso, unha obra de libre de elección e outra de autoría galega proposta pola organización.

A retransmisión en directo realizarase desde a seguinte ligazón: https://www.youtube.com/FGdeBMP

 

Pode consultar aquí os Horarios das actuacións