12
MAI
2019

XI Encontro da Banda Sinfónica Galega

A Banda Sinfónica Galega, dependente da Federación Galega de Bandas de Música, realizará un encontro en Agolada entre os días 26 e 29 de xuño. O concerto final será na Cidade da Cultura o domingo 30 de xuño.

A orde de chamamento verá ditaminada polas probas de acceso que se realizaron no ano 2018, cunha duración de dous anos. Lembramos que a relación das cualificacións obtidas se pode consultar aquí.

Abrirase un prazo de confirmación de asistencia que será comunicado proximamente.

No Encontro interpretaranse as obras obrigadas do XIII Certame Galego:

  • Memoria da Gallaecia, de David Rivas Domínguez

  • A Curuxa, de José Javier Ces Calvo

  • Rapa das Bestas, de Simón Couceiro Riveira.

Faise pública a convocatoria para a praza de dirección. As bases para as persoas interesadas na dirección da BSG están en https://docs.google.com/document/d/1MOE0h-LYXXmMx0MIG8RIEaePqj4syTa9tr-DRjCW-20/edit?usp=drivesdk

Leave a Reply

*

captcha *