Cargando eventos
Este evento pasou.

II Encontro Banda Sinfónica Xuvenil Galega

Compartir

O II Encontro da Banda Sinfónica Xuvenil Galega terá lugar entre os días 8 e 13 de xullo en Agolada, realizando un concerto final o día 14 de xullo na Cidade da Cultura de Compostela.

Poden participar todos os músicos federados que non teñan cumpridos os 18 anos durante o evento.
No encontro, entre outras, interpretaranse as obras obrigadas do XIII Certame Galego:

  • O pequeno Nicolás, de José Luís Tielas Santiago
  • Paisaxes Galegas, de Frank J. Cogollos Martinez.

As bases e o formulario de inscrición pódense consultar aquí.
A maiores, tamén se fai pública a convocatoria para a praza de dirección. As bases para as persoas interesadas na dirección da BSXG están aquí.