Loading Events
This event has passed.

XVIII Concurso Galego de Composición (2025)

A Federación Galega de Bandas de Música convoca unha nova edición do Concurso Galego de Composición para banda de música, que ten como obxectivo primordial fomentar e estimular a actividade musical como parte esencial do patrimonio cultural galego, mediante a creación de obras inspiradas na nosa cultura e tradición, destinadas especificamente a seren interpretadas por bandas de música.

As persoas compositoras poderán participar en diferentes categorías, segundo o grao de dificultade e os cadros de instrumentación recollidos nas bases.

- Poderán concorrer persoas sen limitación de idade ou procedencia, con tantas composicións como desexen.
- As obras deberán ser orixinais, inéditas, non creadas por encargo, nin premiadas nin interpretadas previamente baixo ningún título.
- Permítese calquera tipo de estética e estilo compositivo.
- Valorarase especialmente que a obra promova a cultura galega. Para iso, o xurado terá en conta as alusións a elementos artísticos, culturais ou tradicionais galegos sempre que estean debidamente xustificadas mediante un documento explicativo.

📌 Novidades da edición 2025

Nesta XVIII edición consolídanse os cambios introducidos nos últimos anos e incorpóranse novas melloras que reflicten a evolución das bandas de música galegas:

- Categoría de Música Popular Galega, dirixida a creacións inspiradas na tradición musical do país (muiñeiras, xotas, pasodobres, alboradas...), con liberdade formal e estética.
- Categoría de Iniciación, cunha instrumentación flexible que facilita a interpretación das obras por bandas de diferentes formatos e niveis.
- Revisión dos cadros instrumentais, co obxectivo de adaptalos á realidade actual das bandas e garantir unha maior versatilidade nas interpretacións.
- Novas condicións técnicas, como a obrigatoriedade de duplicar o contido musical dos instrumentos opcionais noutros obrigatorios, ou a adaptación ao piano/teclado no caso de utilizar arpa.

A inscrición comezará o día 1 de xuño e rematará o día 30 de setembro de 2025.

Xurado

Compoñente Descripción
Antón Alcalde Rodríguez Compositor
Amparo Edo Biol Compositora
Fernando Buide del Real Compositor
Secretario: Iago Foxo Bouza

Resultados

Categoría Premio Obra Autor
Dificultade alta Gañadora O mar dos ausentes Álvaro Cámara López
Dificultade media Gañadora Metamorfose sinfónica (sobre un tema de Andrés Gaos) Sergio Rodríguez Pena
Mención Camiño dos arrieiros Juan Núñez Seoane
Dificultade baixa Deserto
Banda de iniciación Gañadora O monstro de Redondela Frank Cogollos Martínez
Música popular galega Gañadora Sons da terra Miguel Óscar Musso Buendia
Histórico de premios do Concurso Galego de Composición

Bases

Inscrición