Loading Events
This event has passed.

XVII Encontro da BSG – Parte I

A Federación Galega de Bandas de Música celebra entre os días 1 e 4 de maio de 2025 a primeira parte do XVII Encontro da Banda Sinfónica Galega, que terá lugar no Centro Veciñal e Cultural de Valadares (Vigo).

Baixo o título A vangarda galega, a Banda Sinfónica Galega (BSG), dirixida por David Fiuza, presenta un programa centrado na música galega contemporánea, co obxectivo de poñer en valor o traballo das novas xeracións de compositores e compositoras do país, e de promocionar a creación actual no ámbito sinfónico.

Durante o encontro prepararase o repertorio que a BSG levará ao Certame Internacional de Bandas de Música de Valencia (CIBM) en xullo de 2025, e estrearanse ademais as obras gañadoras do XVII Concurso Galego de Composición que serán as obrigadas nas seccións 1ª e 2ª do XVIII Certame Galego de Bandas de Música.

Actividades principais

Mesa redonda cos compositores

Domingo 4 de maio · 18:00h · CVC Valadares, Aberta ao público

Concerto A vangarda galega

Domingo 4 de maio · 20:00h · CVC Valadares, Entrada libre ata completar aforo

Obras do programa

Repertorio para o CIBM-Valencia 2025

  • Bodas de Sangre, de León Durán (estrea galega)
  • Choivas das Cíes, de Luis Serrapio (estrea absoluta)

Obras obrigadas do XVIII Certame Galego 2025

  • Diálogos con Arturo Souto, de Álvaro Cámara (estrea absoluta)
  • O soño de Luzbel, de Vicente Carrasco (estrea absoluta)

Acceso aos ensaios das obras obrigadas do XVIII Certame Galego

Como novidade, as bandas interesadas en participar nas seccións 1ª e 2ª do XVIII Certame Galego poderán asistir aos ensaios das obras obrigadas, en formato de portas abertas. Esta asistencia deberá ser solicitada previamente á Federación.

Con esta proposta queremos favorecer un achegamento directo ao repertorio, así como fomentar o diálogo entre intérpretes, directores e creadoras/es galegos.

🔗 Consulta os horarios de ensaio aquí

Solicitudes e máis información:

👉 sinfonica@bandas.gal