Cargando eventos
Este evento pasou.

XV Encontro da Banda Sinfónica Galega

Compartir

Banda Sinfónica Galega, dependente da Federación Galega de Bandas de Música, realizará un encontro nas provincias de Ourense e da Coruña entre os días 28 de agosto e 3 de setembro de 2023.

Inicialmente, ábrese o prazo para a selección de integrantes para todos os proxectos dos anos 2023 e 2024. Esta convocatoria terá unha vixencia de 2 anos prorrogables. A título informativo, os proxectos que se procurarán desenvolver neste período son:

  • I Encontro sinfónico (semana do 28 agosto ao 3 de setembro de 2023)
  • II Encontro sinfónico en Nadal 2023/24
  • III Encontro sinfónico no verán de 2024 (xira fóra da comunidade)
  • Encontros de cámara
  • Convenio de prácticas con agrupacións profesionais

O director artístico destas actividades será novamente David Fiuza.