Loading Events
This event has passed.

Xogo de Escape 2025

Compartir

A Federación Galega de Bandas de Música organiza un novo Xogo de Escape (xa a quinta edición!) dentro do programa Iniciativa Xove 2025 da Dirección Xeral de Xuventude, coa colaboración do Concello do Pino e da Banda de Música de Arca, gañadora da última edición.

📅 Datos do evento
– Data: domingo, 26 de outubro de 2025
– Lugar: Pavillón Polideportivo O Lameiro, Arca (O Pino)

📝 Inscricións
– O prazo de inscrición remata o martes 21 de outubro ás 23:59 h.
– O 22 de outubro ás 12:30 h realizarase un sorteo público entre as solicitudes recibidas para determinar os grupos participantes, así como a orde e o horario de participación.

👥 Requisitos dos grupos
– Cada grupo deberá estar formado por 4 ou 5 persoas federadas menores de 30 anos.
– No caso de haber menores de idade, poderá incluírse un responsable maior de 30 anos.
– É obrigatorio escoller un nome de grupo único e orixinal, lembrando que representades á vosa banda.
– Cada participante só poderá formar parte dun grupo, pero poden participar varios grupos da mesma banda.

🍽️ Outras condicións
– A organización ofrecerá un xantar ou merenda conxunta.
– Haberá axuda económica para o desprazamento dun vehículo por equipo (0,15 €/km).
– O grupo gañador recibirá un premio de 500 € para destinar á compra dun instrumento musical para a súa asociación e a posibilidade de acoller a seguinte edición do xogo na súa vila.

📩 Consultas: só se atenderán a través do correo electrónico xogo@bandas.gal

Para inscribirte e ser parte desta emocionante busca do tesouro, preme no seguinte enlace: Inscrición aquí.