Loading Events
This event has passed.

Xove Banda de Narón

  • Fundación Eduardo Pondal, Couto, 62, 15110 Ponteceso, A Coruña, España

  • 19 Setembro 2021, 18:00

Descrición

A Asociación Cultural Musical Sementeira asume no ano 1.993 a responsabilidade da organización e o funcionamento da súa primeira agrupación, a Xove Banda de Narón, e da súa escola de música.

A formación de músicos sempre estivo dirixida á incorporación destes ás agrupacións da Asociación, que son actualmente tres grupos musicais diferenciados por idades, destrezas e estilo: a Banda Infantil, A Banda do Garaxe e a Xove Banda de Narón.

A Xove Banda de Narón é a banda máis lonxeva e recoñecida da Asociación Cultural Musical Sementeira. Está formada polos músicos máis expertos da asociación e realiza concertos de diferentes ámbitos en gran parte da xeografía galega: concertos comarcais, con agrupacións veciñais, actividades do concello, encontros de Bandas, conmemoracións, participación en certames a nivel de España e a nivel galego, concursos e festivais, concertos na televisión, procesións e pasarrúas.

Ademais, a Xove Banda de Narón, ten participado en eventos celebrados en distintas provincias de España, a realización de intercambios a nivel estatal e europeo así como a gravación de tres discos.

O Director da Xove Banda de Narón é Francisco San Ramón Calvo.

FRANCISCO SAN RAMÓN CALVO

Natural de Llombai (Valencia). Comeza os estudos musicais da man do seu pai á idade de oito anos na Sociedade Musical do seu pobo, da que é profesor de Clarinete e director en varias ocasións.

Estudia nos Conservatorios: Superior de Valencia, Real Conservatorio Superior de Música de Madrid e Conservatorio Superior de A Coruña. Obtén o Título de Profesor na especialidade de Clarinete polo Real Conservatorio Superior de Música de Madrid e o de Profesor Superior poLO Conservatorio Estatal Superior de A Coruña.

No ano 1983 accede á Escala Básica do Corpo de Músicas Militares da que actualmente está en Excedencia Voluntaria. É posuidor da Cruz do Mérito Naval con Distintivo Branco. Actúa coa banda de Música da AGRUMAD nos actos conmemorativos do L Aniversario da OTAN desenvovidos en Bruxelas e tamén no Auditorio Nacional con motivo da Conmemoración da Festa Nacional do ano 2000 en compañía da Banda Central das FAS Húngaras.

Foi creador e impulsor do Grupo de Cámara de Ferrol participando nos Concertos Pedagóxicos para escolares “Venres Musicais” que puxo en escea as representacións do “Museo dos Instrumentos”, “Pedro e o Lobo” e “Mozart” no aniversario da súa morte, actuando en varias cidades galegas. Fundador e compoñente de Cuarteto de Clarinetes Mare Nostrum de Ferrol e do Quinteto de Vento Cidade de Ferrol, que actuou por toda a xeografía galega nos Circuitos Culturais da Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia.

Como docente exercitou como profesor na escola de Música do Liceo Rubia Barcia de Ferrol, no Padroado de Cultura do Concello de Narón, na escola de Música Charamela de Pontedeume, na Escola de Música de Ribadeo, na escola de Música da Asociación Cultural Sementeira de Narón, e no Conservatorio Profesional de Música de Ferrol.

Dirixiu a banda de Música da Escola de Música Charamela de Pontedeume, e na actualidade é director da Xove Banda de Narón.

Programa do concerto
– Na rúa do Porto (Amigo)
– Balada galega (F. Pérez Seara)
– Sway (Pablo Beltrán/Norman Gimbel)
– As Penelas (F. Pérez Seara)
– Os tres galeguiños (I. Groba)
– Medley boleros I-II (Utrera/Menéndez)
– Chantada (pasodoble galego)
– Abba Gold (Arr. Ron Sebregts)
– La La Land (Arr. Michael Brown)
– Muiñeira dos Pendellos (Juan Lois Diéguez)
– Balada Galega (J. Montes), con Irma Macías