Banda Filarmónica de Lugo
19 Setembro, 2021 @ 18:00 - 19:00
Banda Filarmónica de Lugo
Begonte, 27373 Begonte, Lugo, España
19 Setembro 2021, 18:00
Descrición
A Banda crease no 2013 por iniciativa do seu director Iván Martínez Sabio entre outros músicos da cidade e co apoio da Sociedad Filarmónica de Lugo e o Conservatorio Xoan Montes.
Ao longo destes 8 anos alternou unha programación anual ordinaria na cidade con concertos en diversas localidades de España e Portugal, traballou con directores invitados, realizou cursos de dirección e gravou un disco.
Antes da pandemia contaba con Banda Infantil/Xuvenil, Coro de Nenos e organizaba un Obradoiro Musical para rapaces tódolos veráns (actividades que pretende retomar en canto se poida).
Na actualidade ten a súa sede nas instalacións da Casa de Exercicios que xentilmente cede a Diocese de Lugo.
IVÁN MARTÍNEZ SABIO
Nace en Ortigueira (A Coruña) en 1981. Comezaría os seus estudos musicais de clarinete e piano no seo da Banda Escola do pobo e da academia Maruxa Lema.
Os estudos medios realizounos no Conservatorio de Viveiro con F. Javier Vidal Suárez (clarinete) e Eloisa Pérez Lage (piano). Os estudos superiores cursounos no Conservatorio Superior de A Coruña con Carlos Casadó (clarinete) e Natalia Lamas e Ana Poghosian (piano).
Rematada a carreira de piano e clarinete, cursou un master en interpretación e análise na Universidade de Oviedo con Javier Balaguer (clarinete) e Ramón Sobrino (análise) e posteriormente formaríase na dirección musical con J. R. Pascual Vilaplana.
Ao longo dos anos asistiu a clases con grandes intérpretes de piano, clarinete, música de cámara e dirección e realizou concertos como solista e como director en varios países.
Desde o 2009 é profesor de clarinete no Conservatorio de Lugo e dirixe a Banda Filarmonica e este ano acaba de publicar a revisión para banda da obra Fantasía Sobre Aires Gallegos de Juan Montes.
Programa do concerto
– Pepita Greus (P. Pérez Choví)
– 3ª suite (R. Jager)
– Alborada (P. Veiga, arr. X.L. Represas)
– Saludo a Lugo (I. Groba)
– Moment for Morricone (arr. J. De Meij)
– El Torico de la Cuerda (Luis Serrano)
– Tributo a Mocedades (arr. Iván M. Sabio)
– Churrusqueira (E. García Rey)
– *La Ventanita (S. Vargas, arr. Iván M. Sabio)