

Banda de música Sementeira de Cambre
25 Setembro, 2021 @ 12:30 - 13:30
Banda de música Sementeira de Cambre
Campo Da Feira Carral, Praza Campo da Feira, 1, 8, 15175 Carral, A Coruña, España
25 Setembro 2021, 12:30
Descrición
A Escola de Música “SEMENTEIRA” de Cambre, comeza a súa andaina no ano 1978 nas parroquias de Altamira e Anceis, adicándose primeiramente ó ensino da gaita e do baile folclórico galego.
Anos máis tarde, a Escola de Música “SEMENTEIRA” amplía a súa actividade formativa de Vento e Percusión, sendo numerosos os alumnos matriculados nas distintas disciplinas ata chegar a impartir na actualidade ensinanzas do Linguaxe Musical, Música e Movemento, Piano, Guitarra, Gaita, Vento – Madeira (Frauta, Clarinete, Saxofón), Vento – Metal (Trompeta, Trompa, Trombón, Bombardino, Tuba) e Percusión.
A BANDA DE MÚSICA “SEMENTEIRA” DE CAMBRE fai a súa presentación oficial no Local “A Xuventude de Cecebre” o 27 de decembro de 1986, formada e dirixida polo recoñecido mestre D. Francisco Rivas Andrade, dende a súa formación, ata o ano 2001.
Na actualidade, o número de compoñentes da Banda de Música “Sementeira” de Cambre, Xuvenil máis Titular, é de 90, e dende o ano 2001 segue actuando en numerosos concertos por toda Galicia dirixida por D. Francisco Javier Vidal Suárez, mestre solista da Banda Municipal da Coruña.
No ano 2005 produciuse o nacemento da Banda de Música “Sementeira” de Cambre XUVENIL, agrupación paralela á Banda Titular, e que serve como iniciación do músico nun conxunto, aprendendo a familiarizarse máis co escenario e a actuar en grupo, para logo, dar o salto á propia Banda de Música “Sementeira” de Cambre.
No ano 2011 créase a BANDA INFANTIL, formada por alumnos de 1º, 2º e 3º cursos.
Outra das actividades que se vén levando a cabo nos últimos anos son os CONCERTOS DE ALUMNOS, celebrados dúas veces no curso e nos que os rapaces e rapazas da escola toman contacto co escenario e valoran realmente a actividade musical na que se están a formar. Tamén se realizan os VENRES MUSICAIS, onde os alumnos coñecen todas as familias de instrumentos e o seu funcionamento. Estes concertos son unha ampliación das diversas audicións que se realizan ao longo de todo o curso nas diferentes disciplinas que se imparten na Escola.
A paixón pola música seguiu a impulsar o instinto creativo da Banda e isto levouna á creación de varios GRUPOS DE CÁMARA (vento madeira/metal e percusión) e dunha nova agrupación, a BIG BAND, formada por músicos da propia Banda e que non deixa de ser un desexo máis de reunión e amizade entre tódolos integrantes da mesma.
En setembro de 2007, a BMSC leva a cabo a GRAVACIÓN do seu PRIMEIRO CD, nos estudos MANS (A Coruña), repetindo experiencia cun SEGUNDO CD en xuño de 2012, co gallo do 25º aniversario da agrupación.
Os premios conseguidos por la Banda de Música “Sementeira” de Cambre son:
- I CERTAME GALEGO DE BANDAS DE MÚSICA (Novembro 2007), consegue o PRIMEIRO PREMIO na sección terceira, e a MENCIÓN ESPECIAL á mellor interpretación dunha obra de autoría ou temática galega.
- III CERTAME GALEGO DE BANDAS DE MÚSICA (Novembro 2009), consegue o TERCEIRO PREMIO na sección segunda.
- CXXIV CERTAMEN INTERNACIONAL DE BANDAS DE MÚSICA “CIUDAD DE VALENCIA” (Xuño 2010), consegue o SEGUNDO PREMIO na sección terceira.
- VII CERTAME GALEGO DE BANDAS DE MÚSICA (Novembro 2013), consegue SEGUND
O PREMIO na sección segunda.
- XIII CERTAMEN INTERNACIONAL DE BANDAS DE MÚSICA VILA DE LA SÉNIA (Tarragon
a, abril 2019), consegue SEGUND O PREMIO na sección segunda.
JESÚS SÁNCHEZ MONTERO
Comeza os seus estudios musicais a idade de 11 anos no Conservatorio Superior de Música de A Coruña. No ano 93 pasa a formar parte da Banda de música Sementeira de Cambre onde recibe clases do mestre Francisco Rivas Andrade. Acada o Título de profesor de clarinete coas máximas cualificacións e o “Premio de Honra Fin de Grao profesional” no Conservatorio da Coruña, posteriormente realiza o grao superior de clarinete en este mesmo conservatorio co mestre Carlos Casadó Tarín.
Estudia un Master en interpretación de clarinete na universidade de A Coruña co clarinetista Jose Luis Estellés e un posgraduado en interpretación de clarinete baixo no “Conservatorio de Rótterdam(CODAR
Asiste a mastreclass e cursos de clarinete con profesores coma, Vicente Herrera, Yehuda Gila, Walter Boeykens, Michel Lethiec, Antony Pay e Hans Deinzer entre outros.
Foi alumno da “Escola de Altos Estudios musicais de Galicia afiliada á Real Filharmónica durante tres anos onde recibe clases de clarinete de Manuel Juan López, de práctica orquestral de Maximino Zumalave e Vicente Gea e análise musical de parte de D. Joaquín Turina e D. Ángel Oliver.
Tamén formou parte da “Xove Orquestra sinfónica de Galicia” e da “Xove Orquestra do Pais Vasco”(EGO).
Foi invitado como clarinetista baixo pola “Orquestra Filharmónica Janacek” en Strasburgo e Realizou colaboracións coma clarinetista coa “Orquestra Oviedo Filharmónica” e coa “Orquestra sinfónica de Galicia”.
Partic
Participa na gravación dun disco con música do compositor galego Rubén Luis Someso editado por “Itinerant Classics” interpretando a obra “Rondó Caprichoso” para clarinete baixo solo. Tamén colabora na gravación do libro e disco “Oito pezas europeas” do escritor Quinito Mourelle e o Compositor Roberto Somoza no que se mestura música tradicional de distintos países con jazz.
No apartado pedagóxico, exerceu como profesor de clarinete en diferentes escolas de música como a “Escola Robaleira”(Cede
Formou parte do cuarteto de clarinetes “Xerión” e do “Quinteto Galaica música”
Na actualidade participa en distintos grupos de música de Cámara como o “Trío Adalid” (clarinete, voz e piano) , e desde o ano 2005 forma parte do cadro de profesores da “Banda Municipal de Música de A Coruña” onde ocupa a praza de Clarinete-Clari
Programa do concerto
– Maribel (Ferrer Ferran)
– El Camino Real (Alfred Reed)
– Enrique López (Antón Alcalde)
– Fantasía sobre tres temas galegos (Simón Couceiro)
– Bagaxes (Carlos Rodríguez Torres)
– A miña burriña (tradicional, arr. Pedro Lamas e R. Somoza)
– Viloria (R. Courtier e Xosé Lois Romero, arr. R. Somoza)
– Muiñeira dos Pendellos (Juan Lois Diéguez)