Banda de música Santiago de Arteixo
25 Setembro, 2021 @ 12:00 - 13:00
Banda de música Santiago de Arteixo
Brión, 15865 Brión, A Coruña, España
25 Setembro 2021, 12:00
Descrición
A Banda de Música Santiago de Arteixo, constitúese formalmente en febreiro do ano 2000 da man de D. José Manuel Bouzas Suárez como presidente, e baixo a dirección de D. Víctor Iglesias García.
Na súa etapa inicial son poucos os seus integrantes, pero moito o seu entusiasmo. A base de traballo e perseveranza, a Banda foi medrando ata contar na actualidade con arredor de 50 membros, moitos dos cales se están a formar nos conservatorios musicais de A Coruña e Carballo, e na Escola Municipal de Música de Arteixo.
No ano 2002 colle a batuta D. Alfredo Casanova Blasco, manténdose no atril de director até o ano 2017.
No ano 2012 materialízase a clara aposta que esta asociación estivo, e está a facer no eido da formación. Nese ano inicia a súa andadura a Banda Xuvenil Santiago de Arteixo, sección que, tras sete exitosos anos baixo a batuta de D. Pablo Muñiz Vázquez, e, a día de hoxe, con D. Víctor Iglesias García na dirección, integra a preto de 35 nenas e nenos de entre 8 e 16 anos.
Dende a súa constitución, a Banda realizou numerosas actuacións pola xeografía galega, destacando, entre outras, as seguintes:
- No ano 2003 participación na serie da TVG “Terras de Miranda”.
- No ano 2005 realizou un intercambio coa Unión Músical de Benetússer (Valencia), e no 2015 coa Banda de Música de Provencio (Cuenca).
- Participou nos Encontros de Bandas de Betanzos, Arca, Teo, Culleredo, As Pontes, Liceo, Brión, Ponteledesma, Antas de Ulla, etc …
- Concerto de zarzuelas coa Coral polifónica “El Eco”.
- No ano 2011 participou no V CERTAMEN GALEGO DE BANDAS DE MÚSICA POPULAR, en Santiago de Compostela, e no ano 2012, foi seleccionada para participar no VI CERTAMEN, acadando o segundo premio na categoría de 3ª sección.
- Organiza concertos de carácter anual: Concerto de Sta. Icía; Encontro de Bandas (senior e xuvenil) do Concello de Arteixo; Concerto na Feira Histórica Arteixo 1900, e, para os máis cativos, un Concerto didáctico, que no ano 2019 celebrou a súa VI edición.
En setembro do ano 2017 colle o relevo na dirección da Banda Santiago de Arteixo D. Alejandro Vázquez Lamela, e iníciase unha nova etapa na que esta asociación encarou varios e ambiciosos proxectos:
- Concerto con Serafín Zubiri, que presentou, por primeira vez en Galicia, o seu espectáculo “Recordando a Nino Bravo”.
- Concerto “Artistas Locais”. Iniciativa promovida pola Banda Santiago de Arteixo coa que pretendeu difundir e promover a música feita por distintos artistas, de diferentes estilos musicais, nacidos ou criados no Concello de Arteixo.
- Espectáculo baseado na obra literaria “As viaxes de Gulliver”, enmarcado no ciclo de concertos didácticos que a banda ven realizando dende o ano 2013. Dado a acollida do mesmo, gravouse un DVD que foi difundido nos colexios do Concello de Arteixo.
- Xornadas de clases maxistráis (dúas edicións ata a data) nas que os integrantes de ámbalas dúas seccións tiveron a oportunidade de asistir e participar en clases con mestres e músicos de renome.
- Concerto espectáculo “El Baúl de los 70” con, de novo, Serafín Zubiri, e Mikel Herzog.
- Gisela Sinfónico. A Banda Xuvenil emula aos maiores e presenta un concerto coa ex OT, Gisela, baseado en cancións da factoría Disney.
ALEJANDRO VÁZQUEZ (Ourense, 1986)
Comezou coa trompeta da man de seu tío Eligio e pronto recibiu clases con John Aigi Hurn. Estudiou no conservatorio deOurense e na Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia con JavierSimó. Cursou os seus estudos superiores en Musikene co profesor LuísGonzález e realizou un master no Conservatorio de Ámsterdam con FritsDamrow.
Pertenceu a diversas orquestras xóvenes como ONSG, JONDE, NJO, entreoutras. Colaborou coas orquestras Ciudad de Granada, Sinfónica de Castilla yLeón, Sinfónica de Bilbao, Real Filarmonía de Galicia, Sinfónica de Euskadi,Juvenil Simón Bolívar (Venezuela), Sinfónica de Porto Casa da Música(Portugal), Filarmónica de Jalisco (México), Royal Concertgebouw (Holanda)ou Hong Kong Philharmonic realizando gravacións e xiras por salas como o Konzerthaus e Berliner Philharmonie, Concertgebouw de Ámsterdam, o Musikverein de Viena, Cologne Philharmony, Carnegie hall de New York,Suntory Hall de Tokyo, Barbican centre de Londres, na Acrópole deAtenas etc con directores da talla de Gustavo Dudamel, Mariss Janson,Daniele Gatti, Fruhbeck de Burgos, Jaap Van Zweden etc.
Na música de cámara destacan diversas actuacións co SimónBolivar Brass Ensemble baixo a batuta de Thomas Clamour, co grupo demetais da Royal Concertgebouw, co quinteto Coruña Brass, co Trumpet ensemble de Ámsterdam, co grupo instrumental siglo XX, conVertixe Sonora ou o TAC, interpretando música de diversos estilos.
Como docente, impartiu clases nos Conservatorios de Celanova e ACoruña, foi educador no proxecto ReSuena e realizou cursos en Valencia, Xixón, Ponferrada, Foz, Cedeira, Viveiro, Meaño, Vilatuxe, Pontedeume e Lalín. Ademais, ten sido convidado pola JONDE como profesor de trompetaen encontros realizados en Costa Rica e Venezuela.
Actualmente, é membro de Hércules Brass, profesor no Conservatoriode Verín, director da banda de música Santiago de Arteixo e colaborador frecuente na Sinfónica de Galicia.
Programa do concerto
– Paquita y Nieves (Rafael Talens)
– Rapsodia Gallega nº 1 (Enrique García Rey)
– La Ruta del Cid (David Rivas Domínguez)
– The Phantom of the Opera (Andrew Lloyd Webber, arr. Johan de Meij)
– Cantigas de Orense (Félix Molina)
– Santa Comba (Antonio Amigo)
– Maruxiña (Antonio Amigo)