

Banda de música municipal de Silleda
25 Setembro, 2021 @ 19:30 - 20:30
Banda de música municipal de Silleda
Xardíns do Balneario, A Arnoia
25 Setembro 2021, 19:30
Descrición
Fúndase no ano 1.888, grazas ao esforzo dun grupo de persoas que quixeron transmitir ao pobo de Silleda o seu sentir pola música, levándoa por toda a xeografía galega, chegando a ser unha das bandas máis recoñecidas da época. Entre os seus directores destacan Tomás Beteta, Esrnesto Beteta, Francisco Beristain, Antonio Amigo, Waldo Núñez… Desaparece temporalmente no ano 1.977.
Oito anos despois, en 1.985, reúnese un grupo de antigos compoñentes para formar o que será a nova agrupación, apoiados pola Asociación Feiral Semana Verde de Galicia, o Concello de Silleda e o pobo en xeral. Encoméndaselle a dirección da Banda e da Escola a D. José María Fernández García, que permanecerá ao fronte ata 1.988. En setembro dese ano, colle o relevo o mestre D. Manuel Molinos Rivas, e en 1.989 fórmase a “Asociación de Amigos da Banda de Música de Silleda”.
En xaneiro de 1.994 accede á dirección D. José Ángel Presa Carrera, coincidindo co I Festival de Bandas de Música de Silleda, polo que pasarán bandas de prestixio, tanto galegas coma de fóra, facendo del un dos máis relevantes da nosa xeografía.
En 1.995, a agrupación crea a Escola Municipal de Música, autorizada pola Consellería de Educación en 1.996. Conta con 150 alumnos aproximadamente
En decembro de 1.997 toma a batuta D. Javier Viceiro Filgueira, director co que a Banda realiza o seu primeiro traballo discográfico. Permanece ata outubro de 1.999 e en novembro accede á dirección o mestre e compositor valenciano D. Octavio Más Arocas. En 2.003, a banda publica o seu segundo traballo discográfico, coincidindo co X aniversario do Festival de Bandas de Silleda. D. José Luis Represas Carrera colle a batuta en 2.004 ata 2.006. Na actualidade, a Banda e a Escola de Música están baixo a dirección de D. Rafael Agulló Albors.
A agrupación é invitada a participar Radio e Televisión Galegas e en numerosos festivais da Comunidade, como os de Meaño, Deza, Ourense, Cangas, Tui, O Rosal, Gres, Chapela, Beade, Castrelo de Cambados, Vila de Cruces… Fóra de Galicia actuou en: Andorra 1.993 /Albacete ( La Gineta , Aguas Nuevas, Balazote) 1.994/Ponferrad
A Banda acada ao longo da súa historia numerosos premios e galardóns: 1º Premio no Certame de Bandas de Música de Vigo (1.959). 2º Premio no Certame de Bandas de Música de Ourense (1.972). 2º Premio na 1ª sección no Certame Nacional de Bandas de Música de Leganésen Madrid (2.002). 1º Premio e Mención de Honor na 2ª sección no Certamen de Bandas de Música“Deputaci
Durante o ano 2013 a banda celebrou o seu 125 aniversario. A Banda de Música Municipal de Silleda, con máis de 400 socios e unha Escola de Música con 187 alumnos, realiza unha importante labor social, cultural e educativa, reflectida na organización de concertos cada ano, unha Banda Xuvenil, Big Band, coro e grupos de cámara.
RAFA AGULLÓ ALBORS
Nado en Cocentaina (Alacante), iniciou os seus estudos musicais co saxofón na Escola de Música da Unió Musical Contestana, para posteriormente proseguilos no conservatorio Profesional de Onteniente e no Superior de Alacante. Ampliou os seus estudos de saxofón con profesores de renome internacional como Daniel Kientzy, Manuel Miján, Claude Delanghe, Pedro Iturralde, Eric Devalon, Marie Bernardete, Arno Borgkamp ou Nobuya Sugawa, entre outros.
No 2000 comeza a estudar dirección de banda na Escola Comarcal de La Vall d ‘Albaida cos profesores José Rafael Pascual Vilaplana, Ramón García i Soler e José Vicente Asensi Seba para continualos máis tarde no European Instituto of Music (Trento / Italia) onde rematou os seus estudos superiores de dirección de banda no 2006 baixo a dirección do mestre Jan Cober, Felix Harswith, Franco Cesarini e Carlo Pirola.
Asistiu a cursos de perfeccionament
Estudo
Traball
É convidado en diferentes formacións profesionais do noso país (Banda Municipal de Coruña, Bilbao Orkestra Sinfonikoa, Banda Municipal de Vitoria, Banda Municipal de Orense, Banda Municipal de Castelló de la Plana, Banda Municipal de Oviedo, Real Filharmonia de Galicia, Gran Canaria Wind Orchestra …) así como do estranxeiro (Banda Sinfónica Portuguesa, Orquestra Sinfónica do Conservatorio de Oporto, Radiofunk Blasorchestre Leipzig, Marine Band of the Royal Netherlands Navy…).
Na actualidade, asiste asiduamente a cursos de perfeccionament
Prog
– Ponteareas (Reveriano Soutullo)
– Rapsodia Galega nº 2 (E. García Rey)
– Suite Galaica (Antón Alcalde)
1. Amencer na montaña.
2. Samhain.
3. Danza gaélica.
– Camiños (Simón Couceiro)
– A Lenda de Montelongo (B. del Río)
– A Xota de Nicolás (Xosé Luis Represas
– Muiñeira dos Pendellos (J. Lois Diéguez)