Cargando eventos
Este evento pasou.

Banda de música municipal de Brión

  • Praza do Concello, 15863 A Baña, A Coruña, España

  • 25 Setembro 2021, 18:00

Descrición

Comenza a sua andaina no ano 1997 da man de D. Ricardo Noia Vidal, continuando pola labor desenvolta da desaparecida Banda de Música Luaña, Banda moi antiga e recoñecida en Galicia e fundada en 1914. A súa labor foi a de director e tamén profesor de solfexo e coñecemento do instrumental de varios xóvenes que aínda hoxe compoñen a Banda .

Esta agrupación está formada na súa mioría por xóvenes músicos que proceden principalmente da Escola de Música do propio Concello. Todos eles cunha grande experiencia musical en interpretación de diversos estilos de obras,música clásica, moderna, bandas sonoras etc.

A Banda de Música de Brión está a participar en todo tipo de eventos: festas, certames musicais, festivais, concertos, etc. por toda Galicia. Fora da nosa Comunidade participou en dous festivais na veciña Portugal e outro en Granada no festival internacional de Ojíjares.

Tamén destacar a súa participación na TVG, nos programas Galicia para o Mundo e Luar, e tamén un concerto conxunto coas Bandas de Lousame e Outes no Auditorio de Galicia baixo as directrices do proxecto BRILOU.

A día de hoxe a Banda Municipal de Brión trata de levar a cabo un traballo que lle permita acadar día a día unha mellor calidade musical e técnica, reflexada nun disco gravado no ano 2009 e que tivo gran éxito de acollida.

JORGE REY BARCA

É veciño oriundo de Ons, aldea do propio Concello de Brión. Comenzou dende moi novo co fliscorno e despois coa trompeta. Realizou os estudios de Grao Medio no Conservatorio de Música de Santiago de Compostela cos mestres Maximino Boga e Carlos Méndez, e o de Grao Superior no Conservatorio Superior da Coruña co mestre Andrés Vales.

Na súa formación asiste a clases con mestres de renome coma Benjamín Moreno, José Ortí, Luis González, José Rodríguez Ramos, José Casal, Roberto Consuegra, Javier Simó, Jhon Aigi, Rafael Arosa, entre outros. Asistiu a varios cursos de dirección de Banda co grande mestre Vilaplana. Tamén participou como intérprete solista na Asociación Lírica Teresa Berganza. Estudiou harmonía moderna e colaborou en combos na Escola de Música Recreativa Droops de Santiago de Compostela, colaborou na gravación dun disco coa Banda Municipal da Coruña, foi membro fundador do Grupo de Metáis Allegro, e durante a súa formación colaborou con numerosas bandas de música, con orquestras de cámara gañando o primeiro Premio coa Banda de Música de Catoira no concurso de Bandas de Música de Pontevedra.

No ano 2010 impartiu clases de trompeta na Escola de Música de Outes, n 2014 na Escola de Música de Moraña e actualmente forma parte do cadro de profesores da Escola Municipal de Música Magariños do Concello de Brión coma Xefe de Estudios e a dirección artística do centro. Leva tamén a dirección da propia Banda de Música Municipal de Brión.

Programa do concerto

– Bellas Artes (Aurelio Nieto)

– Moment for Morricone (Morricone, De Mey)

– Muiñeira dos Pendellos (Juan Lois)

– Springtime (Rob Ares)

– Guardians of the Galaxy (Arr. Michael Brown)

– Volvoreta (Felisindo Pérez)

– Medley boleros (arr. J. Molina)

– Santos Bartolomé (A. Amigo)

– Maruxiña (A. Amigo)