Loading Events
This event has passed.

Banda de Música Municipal da Estrada

  • Praza das Praterías, Santiago de Compostela, A Coruña, España

  • 25 Setembro 2021, 19:30

Descrición

Nosa historia remóntase a o ano 1869. Dende aquel entón a banda actuou e segue actuando nas numerosas festas patronais do concello e tamén leva o nome do pobo fóra de él.

Podemos dicir que o noso concello pode presumir dunha das agrupacións con máis historia de Galicia. Levamos case un século e medio enchendo de música a nosa vila, ben sexa en festas, concertos ou actos protocolarios.

Durante todos estes anos a Banda foi testigo de xeracións e xeracións de músicos, pero a esencia da Banda segue a ser a mesma: facer chegar a música a todas a persoas que nos sexa posible.

Cabe destacar neste pedazo de historia da Banda e por tanto de historia do pobo, que a Banda Municipal da Estrada foi a primeira Banda de Música de Galicia en cruzar o océano Atlántico na década dos oitenta do pasado século. Os destinos foron Venezuela e Arxentina.

HISTORIA: Poderíamos dicir que o xerme da Banda Municipla da Estrada foi alá polo ano 1840, cando un grupo de músicos da zona se xuntaron para facer música. Pero non foi ata unhas décadas despois, no ano 1869 cando a Banda se constituiu como unha institución Municipal baixo a batuta do mestre Vicente Novoa. Aló polo 1941 esta agrupación experimenta un gran avance gracias ao apoio incondicional da corporación Municipal da Estrada.

Foron moitos os directores que levaron a Banda por un bó camiño musical: Luís Valdés Mota, Bernardo del Río, Juan Moldes Touza, Rogelio Groba, Enrique González Arroita Jáuregui y Eulogio López Masid.

Estes Mestres foron os encargados de facer da Banda algo moi especial e querido polo pobo.

No ano 1992, é o mestre Javier Comesaña Pereira o encargado de levar a dirección da Banda. Foi músico da Banda Unión Musical de Valladares e fundador anos máis tarde da Banda Escola de Beade.

Dende a chegada de Javier Comesaña á Estrada, acometeuse un longo proceso de renovación do plantel da Banda, xa que a agrupación contaba con unha media de idade moi elevada. Actualmente a media de idade ronda os 20 anos. Isto supón que a Banda actúa como unha labor de socialización moi importante, ao mesmo tempo que actúa como lugar de formación de músicos, tanto profesionáis como amateurs. Nos últimos anos caben destacar as numerosas actuacións da Banda polo territorio Galego e Portugués, así como a última viaxe realizada a Arxentina. Tamén hai que destacar os diversos concertos realizados no pobo tanto a Banda sola ou co acompañamento das corales Polifónica de A Estrada e Polifónica de Soutomaior. Tamén vimos realizando nos últimos anos diversas colaboracións con grupos moi diversos.

Non hai que esquecerse das diversas gravacións que fixemos durante este periodo xa histórico para a nosa Banda e para o noso pobo.

En Febreiro do ano 2020, colle a batuta da agrupación o mestre Santiago Mella García cunha profunda remodelación da mesma.

En Setembro do mesmo ano, nace a Banda – Escola Municipal da Estrada, un proxecto destinado á formación de futuros membros da BMME.

SANTIAGO MELLA GARCÍA

Bermés, 1990. Inicia os seus estudos de música co mestre Iván Crespo Montoto no Conservatorio Profesional de Música de Lalín onde tamén recibe clases dos mestres Bernardo Bernardo Landrove, Jesús Iglesias e Bram Sniekers, continuando Conservatorio Superior de Música de A Coruña onde estuda con Abraham Cupeiro e logo no Conservatorio Superior de Música de Vigo sendo alumno de Adolfo Caride e Javier Viceiro.

Tamén asistiu a clases con Roberto Bodí, Jhon Aigi, Javier Simó, Esteban Batallán, Ruben Marques, Luis Gonzalez e Frits Damrow entre outros.

Foi membro da Xoven Orquesta da Sinfónica de Galicia e gañador do concurso de Xoves Intérpretes Solistas José Valcárcel da Estrada, e tamén do Concurso de solistas do Conservatorio Superior de Música de A Coruña. Foi finalista da mostra musical do Eixo Atlántico.

Colabora coa Orquesta Ciudad de Granada, Orquesta Sinfónica de Galicia, Real Orquesta Sinfónica de Sevilla e con numerosas Bandas de música.

No ámbito da dirección recibe clases dos maestros D. David Fiuza Souto e D. Marcel van Bree, e asistíu a clases con Andrés Valero Castells e Juan José Navarro e Rafael Agulló entre outros.

Foi director titular da Banda Escola de Música de Visantoña e da Banda Xuvenil de Barro, e actuou de director convidado coas Bandas de Sober e Lalín.

Actualmente é director da Escola da Banda de Lalín e das súas Bandas Infantil e Xuvenil, así como da Banda de Música Municipal da Estrada e da súa Banda – Escola.

Programa do concerto
– Bagaxes (Carlos Rodríguez Torres)
– La leyenda del Beso (Reveriano Soutullo e Juan Vert)
– Charles Chaplin (Chaplin, Delange, Willson, Phillips, Parsons, arr. Marcel Peeters)
– Fantasía sobre tres temas galegos (Simón Couceiro Riveira)
– La boda de Luis Alonso (Gerónimo Giménez)
– A Xota de Nicolás (José Luis Represas Carrera)
– Muiñeira da Forxa (Javier González Borrajo)