

Banda de música de Vilaboa
26 Setembro, 2021 @ 19:00 - 20:00
Banda de música de Vilaboa
Auditorio Carmen Estévez, Rúa das Pedreiras, 5, 27800 Vilalba, Lugo, España
26 Setembro 2021, 19:00
Descrición
Nace no mes de febreiro do 2015 como resposta á necesidade de crear unha agrupación para o alumnado de vento madeira, vento metal, percusión e corda frotada (violoncello e contrabaixo) da Escola de Música.
Na súa corta andaina, cabe destacar a súa participación no programa: “Música nas Parroquias”, levado a cabo durante os anos 2015 e 2016, onde a agrupación ofreceu concertos de presentación en todas as parroquias do Concello.
En colaboración coa Concellaría de Cultura e Mocidade do Concello de Vilaboa, ofrece concertos en diversos actos organizados durante os anos 2017, 2018 e 2019, entre os que destacan os seguintes: Día de Rosalía, “Mulleres que transforman realidades: Ti eres a nosa protagonista” no Día Internacional da Muller, Día das Letras Galegas, VI, VII e VIII Mostra do Viño de Vilaboa, Domingos con Encanto, Entroido de Cobres, entre outros.
Fora de Vilaboa, é contratada polas Comisións de Festas da comarca e provincia de Pontevedra, promoveu e participou en Intercambios Musicais, Xornadas de Convivencia e Festivais de Bandas coas Escolas de Música de: Lousame, A Illa de Arousa, Cambados, Mougás, Barro, Chapela, Belesar, Vilatuxe, Marín, entre outras, e co Conservatorio de Música Municipal de Cambados.
En novembro de 2016 leva a cabo un innovador “Concerto Musicopoético” ó abeiro do Ano Castelao promovido pola Deputación de Pontevedra; no cal se recitaron poemas e relatos de Castelao e Cabanillas coa música galega como protagonista.
A
Actú
En xullo de 2017, 2018 e 2019 participa no II e III e IV Festival de Bandas de Música Infantís e Xuvenís de Galicia, organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Populares, e que tiveron lugar na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.
O 16 de setembro de 2018 ten lugar no anfiteatro natural de Santa Cristina de Cobres o I FESTIVAL DE BANDAS DE MÚSICA DE ESCOLA “Vila de Vilaboa”, contando coas seguintes agrupacións convidadas: Banda Infantil da ESMU de Xinzo (Ponteareas) e a Banda Xuvenil da ESMU de Campo Lameiro, tendo lugar nos vindeiros anos a segunda e terceira edición do Festival.
No Nadal de 2018 e de 2019 leva a cabo o Programa Social: “No Nadal…Música para 1.000 maiores”, baixo o patrocinio da conserveira local CONNORSA S.A., realizando concertos no Centro Residencial “Nueva Vida· de Bértola e na Casa de Montes de San Adrián de Cobres.
En febreiro e novembro de 2019 participa no programa da TVG: Luar, interpretando o pasodoble galego; “Banda Galega” do compositor Felisindo Pérez Seara e a peza “Viva la Vida” de Coldplay.
En novembro de 2019 obtén o 2º posto (categoría infantil) no XIII Certame Galego de Bandas de Música Populares celebrado no Auditorio de Galicia.Compart
DANIEL FIGUEIRA BELLO
Nado en Catoira no ano 1986, comeza os seus estudos musicais aos once anos de idade na Escola de Música do seu pobo.
En xuño de 2011, remata os seus estudos de Grao Superior de Música na especialidade de trompa no Conservatorio Superior de Música do Principado de Asturias (CONSMUPA), cos mestres: José Rodrigo Roglá, Manuel Revert e Alberto R. Ayala, obtendo as máis altas calificacións.
Máster en Educación Infantil e Intelixencias Múltiples pola UNED. Máster do profesorado en Educación Secundaria que o capacita para impartir clase na Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato.
No
Cola
Formou parte do equipo docente como mestre de trompa, linguaxe musical, educación vocal e auditiva, música de cámara, coro, banda infantil, banda xuvenil, conxunto de metais, informática musical, armonía, análise, etc., de varias Escolas de Música de Galicia, entre as que destacan: o Conservatorio Municipal de Música de Grao Elemental e Grao Profesional de Arzúa (2011 – 2014) e a Escola de Música de Salcedo (2014 – 2017), entre outras.
Na actualidade imparte docencia na Escola de Música e Conservatorio Municipais de Cambados (2007), Escola de Música Municipal de Meaño (2011 ) e Escola de Música de Vilaboa (2011).
En novembro de 2019 obtén o 2º premio na Categoría Infantil do XIII Certame Galego de Bandas de Música Populares organizado pola FGBMP celebrado no Auditoiro de Galicia ó frente da Banda da Escola de Música de Vilaboa.
Dende o mes de outubro de 2011 é director da Escola de Música de Vilaboa, onde tamén é docente e fundador, e director da Banda da Escola de Música de Vilaboa. Dende o mes de setembro de 2015 ata o mes de marzo de 2018 está o frente da xefatura de estudos da Escola de Música e Conservatorio Elemental Municipais de Cambados. Dende o mes de abril de 2018 ata a actualidade é o director da Escola de Música e Conservatorio Elemental Municipais de Cambados.
Progra
– Juventus (Rolf Amstad)
– Two Celtic Folksongs (Paul Lavender)
– Ortigueira (Enrique García Rey)
– Medley Boleros (arrj J. Molina)
– Banda Galega (Felisindo Pérez Seara)
– Non chores por min Arxentina (Andrew Lloyd Webber)
– Desfilando (José Iglesias Ramilo)
– The avenges (Alan Silvestri)
– Martiñika (Indalecio Fernández Groba)
– Smoke on the water (Deep Purple)
– Blinding light (Weeknd)
– Accidentalmente namorado (Michael Sweeney)
– Viva a vida (Coldplay)
– Escoita como vai! (Tito Puente)
– A Rianxeira (arr. José Luis Represas Carrera)