Banda de música Cultural de Teo
26 Setembro, 2021 @ 13:45 - 14:45
Banda de música Cultural de Teo
Beigondo, 15808, A Coruña, España
26 Setembro 2021, 13:45
Descrición
A Banda de Música Cultural de Teo nace en 1989 sendo o seu director, Gervasio Salgueiro Estévez. Pasaron tamén sucesivamente Manuel Abelleira, Lourenço da Silva Cruz, Xosé Varela Pardo, Miguel Rodríguez Barrio, Álvaro Varela Ferradáns e Fran Fernández Pérez, actual director desde 2019.
- 1991 grava por primeira vez para a Radio Galega. En Mollet de Valles realiza varios concertos para o Centro Galego.
- 2000 colabora coa TVG e coa TVE-GALICIA. Organiza a primeira edición do “Festival de Bandas de Música de Santa Mª de Teo”.
- 2006 grava o primeiro traballo discográfico da agrupación, “Ó xeito do corpo”.
- 2007 participa nos actos na Honra do patrón de Galicia organizados polo Centro Galego de Santander. En novembro acada o 3º premio na 2ª sección no “I Certame de bandas de Galicia “.
- 2008 participa no “II Certame de Bandas de Galicia”.
- 2010 participa no XI Certamen Internacional de Bandas de Música “Villa de Aranda” (Aranda de Duero).
- 2011 acada o 3º premio na 2ª sección no “V Certame de Bandas de Galicia”.
- 2012 grava e presenta o seu segundo traballo discográfico, “Por vós…para todos”, dedicado aos dous primeiros directores e ao periodista Nicolás Camino. Organiza o 1º campamento de verán. Participa no “VI Certame de Bandas de Galicia”, acadando o premio á mellor interpretación dunha obra de temática galega.
- 2014 celebrouse o 25 aniversario da Banda, realizando distintas actividades, entre outras, o Concurso de Composición de Pasodobres “”25 aniversario Banda de Música Cultural de Teo””, onde o gañador foi “”Soñar en Xirimbao”” do compositor toledano Ángel Luis Fernández. En novembro, preséntase ó “VIII Certame de Bandas de Galicia” e acada o 1º premio na 1ª sección.
- 2016 preséntase ó “III Certamen Internacional de Bandas de Música Armónico” en Toro (Zamora) e tamén ó “X Certame Galego de bandas de música” onde acada o 1º e 2º premio respectivamente na 1ª categoría.
- 2017 preséntase ó “XI Certame galego de Bandas de música populares” acadando o 1º premio na sección primeira.
FRAN FERNÁNDEZ PÉREZ
Nace en Merza no ano 1988. Aos 9 anos de idade comeza os seus estudos musicais na escola de música da Banda Artística de Merza, onde cursará trompeta cos mestres Luís González Amosa, Álvaro Varela Ferradáns e Marcos Fernández Guzmán. Tamén comenzará os seus estudos de solfexo cos mestres Xurxo Guzmán e José Ramiro Varela Ferradáns.
Aos 13 anos de idade comeza os seus estudos de grao medio no Conservatorio Profesional de Música de Lalín, cursando trompeta cos mestres Bernardo Bernardo Landrobe, Jesús Iglesias Álvarez e Bram Snieckers.
No ano 2008 accede ó primeiro curso do grao superior no Conservatorio Superior de Música da Coruña, donde se licenciará como mestre superior de trompeta da man dos mestres Gonzalo Sánchez e Abraham Cupeiro.
Recibiu clases de trompeta e cursos con mestres coma: Roberto Bodí, Javier Simó, Alberto Frugoni, Benjamín Moreno, Hakan Handerberger, Maurice Andre, Jose Rodriguez Ramos ou John Aigi.
No eido da dirección recibeu clases do mestre David Fiuza Souto, formándose no ámbito da harmonía, análise e instrumentación co mestre José Luís Quintás Carreira.
Como trompetista forma parte e colabora con gran variedade de agrupacións: Banda Artística de Merza, Banda Municipal de Pontevedra, Banda sinfónica do Deza, Banda Sinfónica da Federación Galega de Bandas de Música Populares, Xoven Orquestra Sinfónica de Galicia, Orquesta Gaos, Quinteto de metais “ponme”” brass, Quinteto de ventos da escola de altos estudos musicais
Imparte
– Escola de música de Vila de Cruces
– Escola de música de Meaño
– Escola de música da banda de música de Vilatuxe
– Escola de música da banda de música de Agolada
– Escola de música da banda de música de Serra de Outes
– Escola de música da banda de música de Ordes
– Escola de música da banda de música de Oleiros
Ten impartido cursos de perfeccionament
Na actualidade ocúpase da direción da banda xuvenil e infantil da Banda Artística de Merza, é mestre de trompeta nas escolas de música de Meaño e Vilatuxe, músico da Banda Artística de Merza e director da banda de Música Cultural de Teo.”
Programa do concerto
– 21 Contrabandistes (Enrique Alborch)
– Fantasía sobre 3 temas galegos (Simón Couceiro)
– A Carrapucheiriña (Luís Brage Villar)
– A Santiago vou (Prudencio Romo e Ricardo Ceratto)
– La morena de mi copla (Carlos Castellano)
– Muiñeira da forxa (Javier González)
– Churrusqueira (Enrique García Rey)
– Tío Caniyitas (Ricardo Dorado)
– Felipe Gómez (Francisco José Martínez Gallego)
– A Pepa (José Oro Val)