Cargando eventos
Este evento pasou.

Banda Ateneo Musical de Negreira

  • Casa da Cultura de Bertamiráns, Praza Chavián, 1, 15220 Bertamiráns, A Coruña, España

  • 26 Setembro 2021, 13:00

Descrición

Comenza a súa andaina no mes de xullo do ano 1998, cando da mano do director da Escola Municipal de Negreira, Vicente Martín Arastey, reúnese o escaso número de alumnos de entón para formar unha agrupación musical. Dende ese momento son moitas as actuacións a cargo da banda: concerto de inauguración das novas instalacións da cooperativa de Feiraco ante o presidente da Xunta de Galicia, gravación para o programa internacional Galicia Enteira da televisión de Galicia, As Pontes de García Rodríguez, Candeán, Santiago de Compostela, Cee, Corcubión, Corme, As Somozas- Ferrol, Vimianzo, Mugardos, participación en festivais: Pontecesures, Lousame, Brión, … nas que a banda puido presentar un repertorio constituído por unha gran variedade de estilos musicais: música popular, música cinematográfica e incluso tivo a honra de estrear obras de xóvenes compositores gallegos. A actuación estrela produciuse no ano 2001 cando a nosa agrupación foi convidada a participar no programa de festas locais dunha das bandas con máis tradición e fama de toda España: A Primitiva de Lliria.

Actualmente a Banda Ateneo Musical de Negreira conta cuns trinta músicos e segue ofrecendo concertos, organizando encontros de bandas e levando a cabo outras actividades que fomenten a participación do pobo no entusiasmo dos nosos músicos: concertos en datas sinaladas: Nadal, Santa Icía, audicións de clausura da escola de música, proxectos de concertos didácticos para o vindeiro curso. Co fin de recadar fondos leváronse a cabo sorteos e unha subasta benéfica en Nadal. A banda pertence á Federación Galega de Bandas de Música Populares e está acollida ao plan cultural da Deputación Provincial da Coruña.

Ao longo destes dez anos contamos coa colaboración de diferentes músicos e profesores do ámbito profesional. Despois da dirección de Vicente Martín, bombardino da Banda Municipal de Santiago, asume o cargo de director Pablo Mato Collazo, anterior profesor de frauta da nosa Escola Municipal e integrante dun gran número de agrupacións corais. Fernando Rey Mallo, na actualidade profesor de trompeta do CMUS de Santiago de Compostela, estivo á fronte da banda durante un ano despois do cal o sucedeu Simón Couceiro Rodríguez, clarinete da Banda Municipal de Santiago e actual profesor de clarinete da nosa Escola Municipal. A finais do ano 2004 e ata o día de hoxe, o puesto de director é ocupado por Raúl Martín Niñerola.

A Banda Ateneo de Negreira realiza 10 concertos en todo o concello. Os dous concertos máis importantes son o concerto de Santa Cecilia e o Concerto de Letras Galegas. Estes dous concerto celébranse no auditorio do centro sociocultural e dende hai uns anos téntase facer concertos temáticos, cun fío condutor entre todas as súas pezas. Os concertos restantes son o Festival de Bandas de Negreira, que se celebra o segundo domingo de setembro nas festas de Santa Margarita, o concerto das festas de San Cristovo, a principios de xullo e 6 concertos nas parroquias de Negreira. Nos últimos anos colaboraron coa Banda Ateneo de Negreira distintas agrupacións como son Ultreia OCT realizando conxuntamente coa banda un concerto de música tradicional. O grupo indie/folk Closer, que colaboraron coa Banda Ateneo no concerto “Unha tarde de rock”. Unha das últimas colaboracións coa banda foi a do grupo Picoro de Noia, que xunto coa banda realizaron un dos concertos temáticos que desenvolve a Banda Ateneo de Negreira.

RAÚL MARTÍN NIÑEROLA

O percusionista e compositor Raúl Martín Niñerola naceu en Llíria (Valencia) o día 7 de marzo de 1983. Comenza os seus estudos no Ateneo Musical e de Ensinanza Banda Primitiva de Llíria. Está en posesión do título de profesor de percusión e do título Superior de Composición. Asiste a diversos cursos de perfeccionamento tanto no campo da percusión, con profesores como Miguel Bernat, Enrique Llopis, Octors-Gustin Georges, etc., como no da composición e orquestración, con compositores como Antón García Abril, Tomás Marco, Zulema de la Cruz, Carlos Cruz de Castro, Ferrer Ferrán, Andrés Valero Castells e Leonardo Balada.

Entre os recoñecementos recibidos, conta co galardón da Academia Tercer Milenio 2005 na especialidade de percusión outorgado pola Academia Mundial de Ciencias, Tecnoloxía e Humanidades e co primeiro premio do II Concurso Galego de Composición para Bandas (2009).

Nas súas composiciones aborda diversos xéneros, destacando as súas obras, A revolta Irmandiña, gañadora do I Concurso Galego de Composición para Bandas de Música e obra obrigada no III Certame Galego de Bandas; L’ermita de Santa Bàrbara, obra obrigada no Certame de Bandas da Comunidade Valenciana 2013; La Tuba Verde para tuba e piano, obra obrigada no Concurso Internacional de Xóvenes Intérpretes “Ciutat de LLíria” e adicada ao tuba Daniel Llosà Peñarrocha, Concertijo (para corno inglés e banda), estreada pola Banda Municipal de Santiago de Compostela baixo a dirección de Juan Miguel Romero Llopis e o corno solista Aitor Llimerá Galduf.

Actualmente exerce a docencia como profesor de análise, harmonía e historia da música no CEMU Profesional M.Peleteiro (A Coruña) e como director da Banda e da Escola de Música de Negreira (A Coruña).

Programa do concerto

– Enrique López (Antón Alcalde)

– Highlights from Chess (Ulvaeus-Andersson, arr. Johan de Meij)

– The Ghost ship (J. Alberto Pina)

– Vals da Balouta (J.L. Represas)

– Noites de lúa na Praia (Campos/Represas)

– Troulada (Xosé Iglesias Ramilo)

– Namoriqueira (J. Carracedo)

– Muiñeira dos pendellos (J. Lois Diéguez)