Banda Artísitica de Arcade
25 Setembro, 2021 @ 19:00 - 20:00
Banda Artísitica de Arcade
Cortegada, Ourense, España
25 Setembro 2021, 19:00
Descrición
ANO DE FUNDACIÓN: 1868
DIRECTORES MÁIS DESTACADOS:
– Antonio Perdiz
– José Pereira
– Baldomero Franco
– Manuel Bouzón Casal (o que máis tempo estivo ó fronte)
– Adonis Ferreiro
– Ramón Seara
– Oscar Orge Vidal
– Iván Maia Boullosa (actual director dende o ano 2006)
Fundada no ano 1868 por Antonio Perdiz que contaba cuns dez músicos. A primeira festa que fai esta Banda é a de San Caetano no Castelo de Soutomaior sendo propietario naquela o Marqués Vega de Armijo.
No ano 1876 faise cargo da banda un músico redondelán chamado José Pereira ata o ano 1890 que o sucede o seu fillo. No ano 1928 faise cargo da banda D. Manuel Bouzón Casal, músico do Estado Maior da Armada que é o que cambia todo o repertorio e sobre todo a organización da Banda. No ano 1935 implantou o uniforme azul para a Banda e cambia a denominación da mesma xa que antes chamábase “Popular”. No ano 1948 constrúese a cada academia coa axuda dos veciños. No ano 1974 Manuel Bouzón retírase e ocupa o seu posto Adonis Ferreiro case cinco anos.
No ano 1978 faise cargo da Banda Don Ramón Seara Otero, que é cando a banda sofre profundos cambios (novo instrumental pasando ó diapasón normal, amplificación, gaitas e estatutos polos cales se vai a rexer a Banda).
No ano 1997 faise cargo da banda Oscar Orge Vidal durante 9 anos. No ano 2000 a asociación da banda funda a escola de música. No ano 2005 e por iniciativa de Iván Maia fúndase a Banda xuvenil con só nove músicos.
No ano 2006 faise cargo da Banda D. Iván Maia Boullosa sendo actualmente o seu director co que se
aumenta o número de membros da banda e reducindo a media de idade ata os 18 anos. Tamén retoma o seu papel de banda orquestra fundada 30 anos atrás e desaparecida fai unha década. A día de hoxe conta con máis de setenta alumnos dende os catro ós oitenta anos, 16 profesores e máis de 15 alumnos acabando os seus estudos nos distintos conservatorios de Galicia.
IVÁN MAIA BOULLOSA
Naceu en Paredes – Vilaboa en 1982. Emprende a súa carreira musical con 8 anos da man de D. Carlos Abal Mobilla na Banda Artística de Arcade.
Dous anos máis tarde ingresa no CMUS Profesional de Música de Pontevedra, onde en 2002 consegue o título de profesor de Grao Medio con mención de honra na especialidade de clarinete, a primeira ata a data.
Ten realizado cursos de perfeccionament
Ten colaborado con Rutas del Románico con concertos de solista nos anos 2005, 2006, 2007, 2008 e farao de novo en 2014. Tamén é chamado para colaborar con diferentes Bandas Galegas como: Banda Cultural de Salceda de Caselas, Unión Musical de Ponteledesma, Banda de Música de Lalín, Banda de Música de Salcedo, Banda de Música de Pontevedra, Banda Municipal de Vilagarcía, Banda Municipal de Ourense, etc.
Foi solista da Orquestra Clásica, Sinfonieta de Vigo e da Banda Municipal de Pontevedra.
Prof
En 2008 e 2009 traballa de profesor na Escola Municipal de Música e no Conservatorio Profesional de Cangas do Morrazo, onde realiza a tarefa de profesor de Vento-Madeira (frauta, clarinete, fagot, saxofón e óboe).
Durante os cursos 2008/2009, 2009/2020, 2012 traballa para a Xunta de Galicia como profesor de clarinete no CMUS Xan Viaño de Ferrol, CMUS Profesional da Coruña e CMUS Superior da Coruña.
En 2010 é seleccionado para ocupar a praza de profesor de clarinete no Conservatorio Profesional de Música de Vilagarcía de Arousa onde entre outros méritos:
● Consegue o 100% de aprobados no acceso a Grao Superior.
● Crea o grupo de cámara de clarinetes Chalumiaux, co que consegue gañar a III Mostra do Eixo Atlántico na modalidade de Cámara, representando ao Centro e ao Concello en distintos eventos.
Foi solista da Orquestra Sinfónica de Melide, da Banda da Federación Galega de Bandas de Música Populares, Banda Filarmónica de Galicia, dos grupos de Cámara Chalumiaux, Fois al trío e Reeds Tuns.
Director da Escola de Música Artística de Arcade ata agosto de 2019 e da Banda de Música Ateneo Musical de Bembrive (Vigo).
Estudou Dirección de Banda con D. Francisco Pérez Rodríguez, profesor do CMUS Superior de Vigo e Director das Bandas Municipais de Ourense e A Lira de Ribadavia, e dirección de Orquestra con D. Miguel del Castillo, director da Orquestra Sinfónica de Viana do Castelo (Portugal).
A día de hoxe é:
● Director da Banda de Música Artística de Arcade.
● Profesor de clarinete, orquestra e asignaturas complementarias e estuda dirección de Banda na EGADIB (Escola Galega de Dirección de Banda)
Programa do concerto
– Siete rosas (pd) (Alejandro Rodríguez Fernández)
– Airiños aires (Gustavo Freire)
– La leyenda del beso (R. Soutullo e Vert)
– La del soto del Parral (R. Soutullo e Vert)
– Lalín (pd) (Iván Maia Boullosa)
– Rumba para Susi (Ernesto Campos)
– Namoriqueira (muiñeira) (J. Carracedo)
– Puenteareas (pd) (Reveriano Soutullo)
Bis: O Carrizo (pd) (José Pérez Arias)