
iniciArte 2025
1 Xullo, 2025 - 22 Agosto, 2025

iniciArte 2025
Charlas de empregabilidade para mozos músicos
Queres desenvolver a túa carreira musical e atopar emprego no sector?
A Federación Galega de Bandas de Música Populares, coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude, organiza unha nova convocatoria de charlas de empregabilidade para mozos músicos dentro do programa #IniciativaXove
As charlas deste ano 2025 son:
Martes 1 de xullo (Auditorio de Coles)
- A profesión de luthier, impartida por Adrián Vilaboa Martínez.
Luns 14 de xullo (CMUS Xoán Montes de Lugo)
- Máis alá do músico, taller de coaching a cargo de Celia Olivares.
Venres 22 de agosto (Cidade da Cultura)
- Chave maestra: saídas profesionais para músicos. Relator: Alber Medraño. Guía dispoñibles para descarga.
As charlas son gratuítas e abertas a todas aquelas persoas que teñan en mente facer unha carreira musical.



