Loading Events
This event has passed.

iniciArte 2023

Charlas de empregabilidade para mozos músicos

Queres desenvolver a túa carreira musical e atopar emprego no sector?

A Federación Galega de Bandas de Música Populares, coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, organiza unha nova convocatoria de charlas de empregabilidade para mozos músicos dentro do programa #IniciativaXove

As charlas impartiranse os días 10 e 11 de outubro en formato online e presencial.

Martes 10 de outubro (online vía YouTube)

- 20:00 h.: Proxectos bandísticos, impartida por José Luís Tielas Santiago.

Mércores 11 de outubro (presencial no CMUS Santiago)

- 19:00 h.: Coñecementos legais básicos para comezar a traballar como músico/a, impartida por Miguel Anxo Agís.
- 20:00 h.: Produción musical, impartida por Juan M. Collazo.

As charlas son gratuítas e abertas a todas aquelas persoas que teñan en mente facer unha carreira musical.