
Bandeando 2026 – Voluntariado xuvenil
15 Maio - 31 Maio
| Free
Bandeando 2026 – Voluntariado xuvenil
A Federación Galega de Bandas de Música Populares (FGBMP) abre as portas do seu programa de voluntariado BANDEANDO, organizado co apoio da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Buscamos persoas maiores de idade e apaixonadas pola música que queiran contribuír a fortalecer e visibilizar as nosas bandas.
O prazo de inscrición está aberto ata o 31 de maio! Non perdas a oportunidade de formar parte desta experiencia. Inscríbete aquí: https://forms.gle/tJvbjZuzGBzMjn1f7
Como voluntario/a, terás a oportunidade de:
- Vivir de preto grandes eventos musicais como as novas edicións do Festival de Bandas Infantís e Xuvenís, do Certame Galego de Bandas ou da Banda Sinfónica Xuvenil Galega, entre outras actividades da FGBMP.
- Colaborar no funcionamento dunha entidade clave para a música popular galega.
- Coñecer xente con intereses similares.
Cando se desenvolverá o programa? Do 1 de xuño ao 31 de outubro de 2026.
Onde? En diferentes actividades e eventos da FGBMP por toda Galicia.
Queres máis información ou tes algunha dúbida? Contacta connosco en voluntariado@bandas.gal
Este ano ampliamos o programa con 10 novas prazas, alcanzando un total de 25 persoas voluntarias. Ademais, garantirase un número mínimo de prazas para persoas con experiencia previa e ofrecerase seguro de Responsabilidade Civil e Accidentes, así como certificado de participación.



